O PP DE REDONDELA SOLICITARALLE RESPONSABILIDADES AO GOBERNO LOCAL RESPECTO DAS MEDIDAS DE SEGURIDADE TOMADAS NA AVENIDA DE MENDIÑO

Ante o intento do Bipartito de silenciar á oposición, os populares solicitarán a comparecencia do concelleiro de Tráfico, Patrimonio, Cultura e Protección Civil, “competencias que el mesmo declara en prensa descoñecer” O edil delegado de Deportes terá que explicar cal é a situación actual do Pazo dos Deportes e do pavillón de Cesantes; e a concelleira de Participación Cidadá comparecerá respecto da construción da A-59 O Partido Popular de Redondela volverá a pedir responsabilidades respecto de diversos temas na sesión plenaria que se celebrará mañá mércores, 29 de decembro. Os populares amósanse molestos, aínda que non sorprendidos, ante a actitude intolerante e teimada dos membros do Goberno local “que non fan máis que intentar silenciar á oposición, negándose a comparecer ante a nosa solicitude sempre en tempo e forma”, explica o concelleiro do PP Alberto Pazos. Desta vez, “concretaremos como así quixo o Bipartito as nosas solicitudes de comparecencia á espera dunha exposición argumentada e convincente”. Neste sentido, o PP require a comparecencia do próximo alcaldable socialista por diversos temas “dos que el ten competencia pero, misteriosamente, declara na prensa que non é tal” e tamén a do concelleiro de Deportes e a edil de Participación Cidadá.

 Unha vella demanda do colectivo veciñal á que o Bipartito fai oídos xordos

Xa fai tempo que un grupo de veciños, solicitaban ao Goberno local medidas de seguridade na avenida de Mendiño antes os múltiples sinistros que alí se viñan producindo e o perigo que elo supoñía para condutores e, sobre todo, viandantes. Dende entón, “este Bipartito non fixo nada por dar resposta a esta demanda e solucionar o problema, sendo cada vez maiores os accidentes producidos na zona e chegando incluso a situacións moi graves”. Por todo isto, o PP solicítalle ao concelleiro delegado de Tráfico, Eduardo Reguera, que explique a relación de medidas tomadas ao respecto, “das que eles tanto falan pero que os veciños non ven”. Por outra parte, e dirixíndose igualmente a Reguera, desta vez como concelleiro de Patrimonio, o Partido Popular pedirá explicacións sobre o estado dos expedientes do Concello no que se refire ás obras de conservación do Patrimonio con cargo ás obras do AVE. E, polo que respecta, ao servizo de Protección Civil, os populares preguntaranlle a Reguera polo conflicto laboral que manteñen cun grupo de traballadores dese servizo.

Melloras en materia deportiva e A-59 vs A-57 e alternativa 11

O PP solicitara xa no último pleno a comparecencia do edil delegado de Deportes a quen lle preguntaba polas diferentes obras a executar co obxectivo de cubrir as deficiencias que soportan diversas instalacións deportivas no municipio, “ao descoñecerse unha calendario para ditas actuacións”. Neste sentido, o concelleiro negouse a comparecer ante a falta de concreción da pregunta, polo que agora, “e por poñer algúns dos moitos exemplos polos que poderiamos preguntar”, o PP solicítalle que explique a situación na que se atopa o Pazo dos Deportes e o pavillón de Cesantes. Finalmente, os populares solicitan a comparecencia de concelleira de Participación Cidadá, presidenta da maioría dos consellos parroquiais, para que explique realmente a postura adoptada en ditos consellos respecto da construción da A-59, pois “parece que só lles gusta publicar o que a eles lles interesa, apoiado por unha minoría, silenciado o que verdadeiramente pensa unha ampla maioría dos veciños, que é o rexeitamento da A-59 en favor da A-57 e a alternativa 11, como ben tamén defende o PP”. Os populares só esperan agora que os comparecentes “dean conta do que, realmente, é ou debería ser o seu traballo diario” e non actúen como vén sendo de costume negándose a dar contas perante os veciños en cada sesión plenaria e apoiando estes silencios en razóns inxustificables.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: