Comunicado del Concejal Héctor Santos – Vigo

Antes as declaracións recollidas por distintos medios de comunicación en relación a adxudicación do parque temático de Castrelos á empresa Samyl S.L. o concelleiro delegado de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez, desexa aclarar que todas as adxudicacións realizadas polo goberno municipal teñen informes técnicos previos e en base a estes son adxudicadas as obras. O edil socialista afirma que segundo aseguran os informes tan so dúas empresas cumprían cos pregos de condicións técnicas e a proposta presentada por Samyl SL foi a mellor, a gran distancia da seguinte oferta. Insiste ademais en que en ningún dos contratos de obras ou de servizos adxudicados variouse o informe dos técnicos lembrando que facer o contrario sería prevaricar. Santos Héctor reitera que querer vincular a adxudicación do parque temático con algunha afiliación política dalgún membro desta empresa así como a pretensión de cuestionar a independencia dos técnicos municipais é indigno. Explica así que as adxudicacións pasan sempre pola Mesa de Contratación constituída por membros do PP, do BNG, do PSOE, de Intervención e da Asesoría Xurídica así coma representantes de Patrimonio e Contratación. Nela ábrense os sobres publicamente, entréganse aos servizos correspondentes, puntúanse as ofertas e despois de que os membros reciban os informes hai tempo para analizalos e alegalos, se fose necesario. O concelleiro afirma que nos centos de contratos levados a cabo polo goberno municipal o PP non fixo nunca ningunha consideración. Apunta tamén que son os técnicos os que lle dan a esta empresa una maior cualificación polo que querer liar a adxudicación e manchar o bo nome do goberno é indigno. Este goberno adxudicou sempre todos os concursos e todas as obras en función dos informes técnicos, aprobados por unanimidade na Mesa de Contratación, sen ningunha consideración.  Para o edil socialista o que agora denuncia o PP demostra que actúan de mala fe, ademais de ofrecer unha información chea de inexactitudes como as que fan referencia a inexperiencia da empresa. Samyl SL ten na actualidade un parque temático en Valladolid, adxudicado pola Deputación de Valladolid, gobernada polo PP. Pero ademais na actualidade esta empresa realiza as labores de limpeza do cemiterio de Pereiró, contrato adxudicado polo anterior goberno do PP.  Santos Héctor subliña tamén que a empresa presentouse ao concurso de limpeza de colexios públicos de Vigo, contrato de 2,5 millóns de euros anuais, no que os informes técnicos puxeron de releve que a oferta era moi inferior a presentada pola actual adxudicataria, Linorsa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: