ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA O FONDO XES-POSIBILITA PARA IMPULSAR PROXECTOS EMPRESARIAIS PROMOVIDOS POR EMPRENDEDO

  • Dotado cun capital de 1,65 millóns de euros o novo fondo ten como finalidade investir en ideas e proxectos viables promovidos por persoas con discapacidade  
  • O novo fondo, no que participa a ONCE a través de Fundosa Grupo, concederá préstamos participativos ou subscribirá participacións temporais no capital das empresas
  • Guerra sinalou que “o Xes-Posibilita é unha boa oportunidade para ter as mesmas oportunidades” na procura de que “ningunha idea viable quede sen converterse en empresa por falta de financiamento”
  • Xes-Posibilita súmase ao programa de apoio ao emprendemento da Consellería de Economía e Industria que inclúe o re-Emprende, o re-Imaxina ou o Fondo Xes-Innova

 O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe o fondo de capital risco Xes-Posibilita, habilitado co obxectivo de completar o abano de apoios da Xunta a proxectos impulsados por novos emprendedores, cun instrumento específico para iniciativas empresariais impulsadas por emprendedores con discapacidade. Guerra sinalou que “o Xes-Posibilita é unha boa oportunidade para ter as mesmas oportunidades” na procura de que “ningunha idea viable quede sen converterse en empresa por falta o financiamento”. O Fondo Xes-Posibilita arranca cunha dotación ampliable de 1,65 millóns de euros e parte dunha demanda expresada pola Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia. A xestión do novo fondo Xes-Posibilita corresponderá a Xesgalicia, a sociedade da Consellería de Economía e Industria para a xestión dos fondos de capital risco da Xunta de Galicia. O investimento tipo a subscribir mediante este novo instrumento financeiro de apoio ao emprendemento roldará os 100.000€. Javier Guerra explicou que o novo fondo, no que participa a ONCE a través de Fundosa Grupo, concederá préstamos participativos ou subscribirá participacións temporais no capital das empresas. Segundo o responsable da Consellería de Economía e Industria da Xunta, “o obxectivo do Xes-Posibilita é eliminar barreiras para que a vocación empresarial destes emprendedores fágase realidade” e neste sentido lembrou que “en Galicia o número de persoas con discapacidade é de 212.334, do que o 51,5% son mulleres”.

 O programa de emprendemento

Ademais, o conselleiro apuntou que o Xes-Posibilita súmase ao Xes-Innova, tamén gobernado por XesGalicia, como fondo ponte para impulsar a creación e o desenvolvemento de novos proxectos innovadores, presentado recentemente. Ambos fondos veñen completar e mellorar o abano de instrumentos financeiros, dispostos pola Consellería que dirixe Javier Guerra, para apoiar o financiamento de proxectos impulsados por novos emprendedores. Entre estes instrumentos, o conselleiro destacou o programa re-Emprende que concede subvencións a fondo perdido que poden cubrir entre o 15 e o 40 por cento dos investimentos, ou o programa re-Imaxina, destinado a achegar financiamento bancario subsidiado e avalado no marco do correspondente convenio asinado polo Igape coas sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras. Con respecto ao programa re-Emprende, Guerra destacou que pode apoiar investimentos impulsados por novos emprendedores con investimentos de ata 1,5 millóns de euros e beneficiar non só a novos proxectos, senón tamén a proxectos de consolidación ou diversificación temperá. No que se refire ao programa re-imaXina, salientou que os préstamos contarán cun aval dunha SGR que cubrirá o 80% do importe. Segundo adiantou, na presente lexislatura ao abeiro do re-Emprende, “concedéronse subvencións a fondo perdido por importe de 1,8 millóns para impulsar 45 proxectos de novos emprendedores, impulsando así a mobilización de investimentos cifrados en 7,4 millóns de euros”; mentres que a través do re-Imaxina aprobouse a concesión de préstamos subsidiados e avalados por importe de case 6 millóns de euros, para apoiar o financiamento de case un cento de proxectos empresariais de novos emprendedores. Asemade, o conselleiro de Economía e Industria tamén lembrou que o seu departamento dispón, a través das oficinas do Igape nas principais cidades de Galicia, de instrumentos preparados para facilitar a constitución telemática de empresas, nunha media de 48 horas, baixo as formas xurídicas de Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE) ou Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: