LUCÍA MOLARES PRESIDIU A POSTA EN MARCHA DO OBRADOIRO DE EMPREGO VAL DA LOURIÑA III EN O PORRIÑO

  • A actividade principal será a recuperación do antigo edificio dos xulgados como novo local sociocultural, proxecto que se enmarca neste Obradoiro de Emprego Val da Louriña III, para o que a Xunta de Galicia destinou un orzamento de 700.000 euros.
  • Os 32 alumnos, todos desempregados, estiveron hoxe no acto do inicio das actividades, que se prolongarán durante todo o 2011.

 A rehabilitación e recuperación do antigo edificio que albergaban os xulgados de Porriño para transformalo nun local sociocultural destinado a todos os veciños, especialmente aos mais xoves, é un dos proxectos que se levarán a cabo coa posta en marcha do Obradoiro de Emprego Val da Louriña III, que hoxe comezou no Concello de O Porriño. A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, acompañada polo alcalde de O Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de Emprego e Formación, M. Alejandro Lorenzo, e outras autoridades locais, inauguroo o obradoiro esta mañá nas instalacións do edificio Multiusos de Torneiros. A través deste obradoiro, concedido polo Executivo autonómico, preténdese fomentar a contratación das 32 persoas participantes no mesmo. Nel existen tres especialidades diferentes: instalacións de elementos de carpintería, xardinería e atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e en institucións sociais. O plan, que combina accións de formación e emprego, conta cun orzamento de 700.000 euros e está destinado a mellorar a ocupabilidade destas persoas desempregadas de 25 años ou máis. As actividades, que hoxe se inauguraron oficialmente coa presenza dos 32 participantes, darán comezo o vindeiro luns día 3, e terán unha duración dun ano e os alumnos e alumnas percibirán un salario de 950 euros mensuais, aproximadamente. Lucía Molares resaltou a importancia destes programas, tanto dende o punto de vista de xeración de emprego e de formación, e destacou que “ao longo deste ano de traballo que tendes por diante, confío que o equipo de mestres encargados do obradoiro sexan capaces de trasladarvos a motivación necesaria para que cada día os 32 alumnos e alumnas acudan con ganas as actividades e con intención de aprender”. A Xunta de Galicia destinou case 2 millóns de euros, durante este 2010, a políticas activas de emprego no concello porriñés, dentro dos 20 millóns invertidos en toda a área metropolitana de Vigo.

 Curso de cociña

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo aproveitou tamén esta visita a O Porriño para clausurar un curso de cociña destinado ao colectivo xitano deste Concello, no que participaron unhas 30 persoas, entre homes e mulleres, e que rematou hoxe cunha degustación de produtos preparados especialmente para a ocasión polos participantes no curso, que organizou a concellería de Benestar Social durante as últimas semanas. Lucía Molares, acompañada polo alcalde Nelson Santos, participou na degustación gastronómica e na entrega de diplomas a todos os participantes.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “LUCÍA MOLARES PRESIDIU A POSTA EN MARCHA DO OBRADOIRO DE EMPREGO VAL DA LOURIÑA III EN O PORRIÑO”

  1. Fernando Merino Barros says :

    Estimada Señora:
    Soy votante del PP de toda la vida, y
    no pienso votarles en las siguientes elecciones que haya para la Xunta de Galicia. Los motivos son los siguientes:
    1.-Política de financiación de los libros de texto.
    2.-Incumplir la promesa electoral del gallego según la elección de los padres.
    3.-La gota que colma el vaso. Medicamentos genéricos.
    Este último es un error políco de bulto.
    También quiero decirle que esta opinión está muy generalizada entre las personas de mi entorno.
    Le saluda tentamente.
    F. Merino

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: