A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA PECHA ESTE LUNS AS ACTIVIDADES DE NADAL CUN CONCERTO DE CORAIS DE ANO NOVO en Vigo

  • Actuarán no salón de actos da Delegación Territorial, a partir das 19:00 horas, as corais de Agarimo, do Centro Sociocomunitario de Teis e do Centro Sociocomunitario de Rivera Atienza

 .- O edificio da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá este luns, día 3, a actuación musical de tres corais da cidade de Vigo, dentro do concerto de Ano Novo. O acto comezará ás 19.00 horas no salón de actos da Delegación Territorial e está aberta a toda á cidadanía. Este acto está enmarcado dentro da programación de Nadal no edificio administrativo que a Xunta organiza nestas datas en Vigo e pechará as actividades destas vacacións navideñas. O concerto, que se terá lugar no salón de actos, constará de tres actuacións diferentes protagonizadas polas corais viguesas de Agarimo, do CSC de Teis e do CSC de Rivera Atienza, que interpretarán cinco temas cada unha, básicamente pezas inspiradas no Nadal.

 A Delegación da Xunta en Vigo remata así a súa primeira edición de actividades do Nadal, que se iniciou o pasado 23 de decembro coa entrega de premios aos nenos e nenas que participaron no concurso de postais navideñas, e continuou o pasado 27 de decembro coa representación da obra “A Pousadeira”, a cargo de grupo de teatro da Asociación Agarimo de Vigo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: