O BNG denuncia que o Concello e Tui conclúe o 2010 sen orzamentos para o 2011

O Concello de Tui celebra o seu último pleno do ano sen a presentación de orzamentos para o 2011.

O día 30 de decembro celebrouse o último pleno municipal do ano 2010 no Concello de Tui. O Grupo Municipal do BNG de Tui denuncia que o goberno do Sr. Fernández Rocha continúa sen presentar os orzamentos para o 2011, na súa última oportunidade para facelo antes do cabodano e sen ofrecer explicación algunha dos motivos que xustifiquen esta demora aos grupos da oposición, nunha nova mostra da falta de transparencia no exercicio do goberno. Durante a celebración deste Pleno, o Grupo Municipal do BNG presentou unha moción relativa á solicitude de Devolución do Canón Dixital, instando a cuantificación das cantidades abonadas en concepto de canon dixital correspondentes aos soportes e equipos adquiridos polo Concello, empresas municipais e outras entidades dende a entrada en vigor da Orde PRE/1743/2008 até a transposición á lexislación estatal da sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo. Asemade, o BNG presentou en rexistro dúas moción non levadas ao Pleno polo goberno do Sr. Fernández Rocha. A primeira instando a Consellería de Educación a manter os investimentos no ensino público. A segunda demandando a Consellería de Sanidade e ó Servizo Galego de Saúde atención e servizos de calidade na Saúde Pública.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: