excepcional mellora das condicións do plan re-Móvete comercial anunciada polo conselleiro de Economía e Industria

  • As matriculacións en Galicia pasaron de 3.381 turismos en novembro a 4.362 en decembro
  • A mellora das condicións de apoio impulsadas pola Consellería de Economía e Industria activou de xeito substancial a demanda nos concesionarios galegos e repercutiu directamente no mantemento dos postos de traballo
  • O Igape ten rexistradas telemáticamente case 8.000 solicitudes de apoio, cunha axuda media de 877,46 euros por operación

 .- A excepcional mellora das condicións do plan re-Móvete comercial anunciada polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o pasado 1 de decembro, conseguiu que se pechase o último mes do ano cun incremento do 29% nas cifras de matriculación de turismos en Galicia, en comparación co mes anterior.  Así, durante decembro de 2010 os concesionarios galegos deron saída a 4.362 turismos, segundo os datos facilitados polo sector, un 29% máis que no mes de novembro (3.381), grazas a incidencia positiva do plan re-Móvete 2010 G impulsado pola Consellería de Economía e Industria en colaboración co sector, co que se ven traballando de xeito coordinado para dinamizar o mercado. A mellora das condicións de apoio impulsadas pola Consellería de Economía e Industria activou de xeito substancial a demanda nos concesionarios galegos e repercutiu directamente no mantemento dos postos de traballo. Para facer posible a concesión da correspondente axuda a todas as solicitudes tramitadas en prazo, o Igape ampliou en 1,2 millóns de euros, segundo resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 28 de decembro, a partida inicial de prevista, de 6 millóns de euros. Neste momento, unha vez rematado o pasado 30 de decembro o prazo de presentación de solicitudes ao programa re-Movete 2010,  o Igape ten 7.913 solicitudes de axuda rexistradas telemáticamente cunha axuda media de 877,46 euros por operación. A través do novo plan re-Móvete 2010 G, coas novas condicións de apoio da Xunta e o compromiso do sector, triplicáronse as axudas previstas en principio para dinamizar as vendas de turismos. Mediante o consenso e o compromiso do sector, as axudas puideron superar os 2.000 euros. A sensible mellora na intensidade dos apoios fixo posible a recuperación das vendas en Galicia con respecto aos meses anteriores.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: