Folga en Recalvi Autos.

 Convocan dúas xornadas de folga en Recalvi Autos para reclamar o mantemento dos postos de traballoOs 22 traballadores/as denuncian que a compañía con sede en Vigo pretende despedilos sen abonarlles as indemnizacións Os arredor de 22 empregados/as da compañía viguesa Recalvi Autos -único concesionario Fiat na provincia de Pontevedra- teñen convocadas dúas xornadas de folga para reclamarlle ao Grupo Recalvi unha solución que permita salvar os seus postos de traballo. Os paros desenvolveranse mañá martes día 4 e o mércores día 5 entre as 9.00 e as 13.30 horas. O Grupo Recalvi mercou hai tres anos os antigos Talleres Barreiros, situados na Avenida de Madrid de Vigo, e agora pretende deixar na rúa a persoas cunha media de 20 anos de antigüidade na empresa “sen custe algún para a actual dirección”, tal e como denuncia  o delegado de persoal, David González, da CIG. “Por iso se acolleron á Lei Concursal, para  posteriormente presentar un ERE de extinción e que sexa o Fogasa o que pague as indemnizacións de 20 días por ano traballado, cun tope de 12 mensualidades”, critica. Neste senso, censura que a compañía pretende deixalos na rúa “sen ningún dereito aproveitando a situación laboral actual que estamos a sufrir pola nova reforma laboral aprobada polo Goberno español”. Diante disto, os traballadores/as comezaron a mobilizarse a semana pasada. Entre as 13.30 e as 15.30 horas, coincidindo co horario de comida, permanecen concentrados a diario na porta das instalacións na Avenida de Madrid para reclamar a recolocación ou o cobro de indemnizacións. Alí despregan varias faixas denunciando a súa situación (“Recalvi solución” ou “A nosa cesta de Nadal é a Lei Concursal”), despois de que os propietarios da empresa lles comunicasen incluso que non van cobrar o salario do mes de decembro nin a paga extra correspondente. Os traballadores afectados, cunha media de 20 anos de antigüidade na empresa, critican que hai xa máis de ano e medio que advertiron ao grupo da mala situación económica da empresa, sen que os seus responsábeis tivesen feito algo para poñerlle remedio.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: