A CONSELLERÍA DO MAR IMPULSA A COMISIÓN DO MEXILLÓN COMO CANLE DE COMUNICACIÓN ENTRE A ADMINISTRACIÓN E O SECTOR

  • A peculiaridade deste organismo de asesoramento é que os representantes da Administración non teñen voto recaendo todos os votos nas entidades que o conforman
  • A súa función principal é consultiva e de asesoramento á administración sobre os temas administrativos e as necesidades reais do sector

A Consellería do Mar impulsa a Comisión do Mexillón como canle de comunicación co sector. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a creación oficial deste organismo e o seu regulamento básico de funcionamento. A peculiaridade deste organismo de asesoramento é que os representantes da Administración non teñen voto recaendo todos os votos nas entidades que o conforman. Unha vez que a Comisión realice estudos, propostas e informes estes deberán ser remitidos á Consellería do Mar para o seu coñecemento e aprobación. A Comisión do Mexillón, dependente da Consellería do Mar, está composta por representantes do sector mexilloeiro galego e da Consellería e a súa función principal é exercer de canle de comunicación entre o sector e a administración para que esta se asesore dos temas administrativos e das necesidades reais do sector. Esta comunicación víase dificultada debido a atomización do sector, así este organismo, que xa está a funcionar dende o pasado mes de xuño e que agora se constitúe formalmente, nace da colaboración entre administración e sector. O regulamento interno de funcionamento da comisión establece entre outros aspectos a súa composición e representatividade. Así este órgano compóñeno 4 membros da Consellería do Mar, que exercen de presidente, vicepresidente, secretario e vogal. O presidente é o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica. As entidades asociativas contarán cun representante por cada 300 bateas, podendo ser unha soa entidade ou varias delas. As funcións dos seus membros tamén veñen no regulamento e entre elas destaca a participación dos membros da administración nas reunións con voz pero sen voto e o dereito do sector a exercer o voto e explicar os seus motivos. Este órgano reunirase de maneira ordinaria catro veces ao ano e poderán realizarse outras de carácter extraordinario por causas xustificadas ou se o solicita un terzo dos seus membros con dereito a voto. No que respecta ás votacións cabe destacar que cada entidade do sector terá un voto por cada batea censada. Os representantes poderán emitir un único voto ou votar por máis dunha opción. Neste último caso deberán indicar con que número de bateas que os representa apoia cada unha das opcións.

 Creación dunha web para o sector

Todas as actas das xuntanzas, así como lexislación e documentación relativa ao sector mexilloeiro estarán dispoñibles nun espazo web que se vai poñer en marcha proximamente. Esta é unha mostra máis do compromiso de transparencia da Consellería do Mar co sector.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: