ECONOMÍA E INDUSTRIA INTENSIFICA OS CONTROIS SOBRE OS PRODUTOS NA CAMPAÑA INFONADAL A PROL DA DEFENSA DOS CONSUMIDORES

  • InfoNadal puxo en marcha tres novas campañas específicas de control centradas nas guirnaldas luminosas, os xoguetes con cordas e arrastre e os xoguetes de madeira, nas que o Laboratorio de Consumo de Galicia localizou catro produtos con risco para a saúde
  • Galicia tense convertido na Comunidade Autónoma que maior número de produtos localiza, debido a que tamén é a que máis investiga
  • O IGC realizou en 2010 máis de 85.000 actuacións de control de seguridade dos produtos industriais
  • Derivado das devanditas actuacións procedeuse á retirada de 27.970 unidades de produtos que foron notificados ao SIRI (sistema de intercambio rápido de información)
  •  A Consellería de Economía e Industria ten intensificado as actuacións de control e análise do Instituto Galego de Consumo (IGC) ao abeiro da Campaña InfoNadal, centrada na protección dos consumidores nunhas datas nas que se  rexistran boa parte das compras realizadas polos galegos. A directora Xeral de Comercio, Nava Castro, acompañada pola xerente do IGC, María Jesús Muñoz Chesa, ofreceu hoxe unha rolda de prensa no Laboratorio Galego de Consumo, onde se leva a cabo o estudo e a análise dos produtos para determinar a súa perigosidade e introducilos, se é o caso, na rede nacional de alerta de produtos perigosos. A directora explicou que na campaña de Nadal intensificáronse as actuacións de control que a inspección de consumo leva a cabo de forma permanente, nas que se vixía o cumprimento das obrigacións dos prestadores de servizos ou dos comerciantes que poñen os seus produtos a disposición do consumidor final. Entre estas actividades habituais de control cómpre destacar o control da etiquetaxe, no que é fundamental que estea identificado o responsable, en previsión das posibles reclamacións; a correcta indicación dos prezos, ou a existencia das preceptivas follas de reclamación. Dentro do programa InfoNadal, o IGC puxo en marcha tres novas campañas específicas de control centradas nas guirnaldas luminosas, os xoguetes con cordas e arrastre e os xoguetes de madeira, nas que o Laboratorio de Consumo de Galicia ten analizado mostras de case 40 produtos, nas que se localizaron dous guirnaldas cun risco grave (choque eléctrico), así como dous xoguetes con cordas con risco de asfixia para os máis cativos. Por outra banda, InfoNadal compleméntase coas accións formativas da Escola Galega de Consumo (EGC), cunha campaña que trata de forma especial á compra de xoguetes e videoxogos, sen esquecer a formación sobre vos dereitos e deberes dás persoas consumidoras e como exercelos. As actividades, neste caso, céntranse nunha serie de accións formativas, nas que se traballaron a traballan aspectos singulares das compras típicas nestas datas, que poidan preocupar ou interesar ás persoas consumidoras. As actividades comezaron o 9 de decembro e rematarán o 15 de xaneiro. Os destinatarios desta campaña informativa son fundamentalmente as asociacións de pais e nais do alumnado dos centros escolares (ANPAS) de Galicia, ademais dos propios alumnos e as Asociacións de Consumidores e Usuarios.

 Balance do IGC

Ademais, no que se refire á seguridade dos produtos, a directora xeral de Comercio sinalou “a importancia que desde o IGC concédeselle ás cuestións relacionadas coa seguridade dos produtos, tendo en conta que operamos nun mercado globalizado no que os produtos poden ter un longo percorrido antes de chegar ao consumidor final” A inspección de consumo do IGC realizou, en 2010, máis de 85.000 actuacións de control de seguridade dos produtos industriais, sobre os que ten competencia, xa que os alimenticios ou os sanitarios dispoñen doutros sistemas específicos de control. Derivado das devanditas actuacións procedeuse á retirada de 27.970 unidades de produtos que foran notificados ao SIRI (sistema de intercambio rápido de información) por presentar riscos para a seguridade dos usuarios. O IGC fai especial fincapé naqueles produtos destinados a colectivos especialmente vulnerables, sobre todo aos nenos. Por esta razón, ao longo de 2010 leváronse a cabo campañas nas que se analizaron as condicións de seguridade de chupetes, xoguetes expandibles, material escolar ou nos champús infantís. Galicia tense convertido na Comunidade Autónoma que maior número de produtos localiza, debido a que tamén é a que máis investiga neste terreo, uns datos que  cobran maior relevancia se temos en conta que na Comunidade non se rexistrou ningunha alerta derivada da notificación dun produto. Neste sentido, cómpre sinalar a eficacia destas campañas, que teñen contribuído a que 87 produtos perigosos teñan sido identificados e incluídos na rede de alerta nacional ao presentar riscos para o consumidor.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: