JOSÉ JUAN DURÁN LERÁ UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO 75 ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DE VALLE-INCLÁN

A ofrenda floral terá lugar mañá ás 13:00 horas no Cemiterio de Boisaca en Santiago de Compostela A Fundación Valle Inclán celebrará mañá, 5 de xaneiro ás 13:00 horas unha ofrenda floral con motivo da celebración do 75 aniversario do  falecemento do dramaturgo, poeta e novelista natural de Vilanova de Arousa. O evento terá lugar no Cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela. Asistirán a esta homenaxe o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela; e o presidente da Fundación Valle Inclán, Gerardo Fernández Albor, que serán os encargados de realizar a ofrenda floral. Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, José Juan Durán, lerá publicamente unha declaración institucional por delegación de Gerardo Fernández Albor. Ademais das mencionadas,  confirmaron a súa presenza o Director Xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López Barxas; o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo; o alcalde e tenente alcalde de Cambados, Luis Aragunde e Antonio Iglesias, respectivamente; o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán; a deputada autonómica Rosa Oubiña; o deputado nacional Jesús Pérez Arca; o presidente da Fundación Galicia Milenio, Marcelino Agís; a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Santos; a concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Encarnación González, e representantes da Federación de libreiros de Galicia; da Casa Museo Curros Enríquez; e da Asociación Cultural Amigos de Valle Inclán.Unha vez rematada a ofrenda e a lectura da declaración institucional, o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, será o encargado de pechar o acto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: