JUÁREZ EXPLICA EN SALVATERRA DE MIÑO A LIÑA DE INDEMNIZACIÓNS POLO NEMATODO DO PIÑEIRO

A Consellería ofrece mediante unha resolución a posibilidade de que os propietarios das parcelas soliciten o permiso de tala. Se no prazo marcado os propietarios non proceden a corta a Administración realizará a erradicación con indemnizacións de 8 a 10 euros por metro cúbico
Medio Rural ven de crear un punto de información, para interesados e propietarios, na casa de cultura de Salvaterra de Miño 
   O Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, ven de explicar esta maña en rolda de prensa as principais liñas de indemnización abertas pola Consellería para os afectados polo nematodo do piñeiro ( Bursaphelenchus   xylophilus) . Juárez detallou na casa de cultura de Salvaterra as últimas medidas adoptadas polo seu departamento ao abeiro da resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado venres, 31 de decembro, tr as un recorrido previo pola zona acompañado polo director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e polos alcaldes de Salvaterra de Miño e As Neves. 
  Mediante esta publicación, os propietarios das parcelas situadas arredor do foco positivo poden iniciar o proceso de tala pola súa conta, previa solicitude do permiso e seguindo as normas necesarias para evitar a propagación do nematodo. Para comunicalo ao Servizo Provincial de Explotacións Agrarias terán de prazo ata o 20 de xaneiro e a súa execución deberá realizarse antes do 28 de febreiro. Se neste prazo, os propietarios non solicitaran o permiso ou non realizaran a corta a Administración procederá a súa erradicación. Unha resolución, contemplada na Lei de Sanidade Vexetal, que ten como obxectivo erradicar o foco confirmado o pasado 5 de novembro no concello pontevedrés de As Neves. 
  Indemnizacións
O Conselleiro do Medio Rural incidiu na prioridade de executar as tarefas de erradicación de tódalas especies susceptibles de ser afectadas polo foco antes da suba das temperaturas, momento no que o insecto vector se activa (un tipo de escaravello que transporta o nematodo). A data posterior do 28 de febreiro marca o inicio das accións que acometerá entón a Administración, neste caso as indemnizacións que recibirán os propietarios calcularanse utilizando como referencia os prezos das poxas públicas celebradas ao longo dos anos 2009 e 2010 para masas forestais similares. As contías estimadas serán en torno aos 8-10 euros por metro cúbico. 
  Estas compensacións, tal e como indicou Samuel Juárez, axúntanse ao plantexamento inicial realizado dende a Xunta al Ministerio do MARM e a Comisión Europea, estando neste momento pendente a reunión coas autoridades europeas para pechar definitivamente as indemnizacións. 
  Punto de información
O departamento que dirixe Samuel Juárez mantivo dende o primeiro momento contacto cos alcaldes de As Neves e Salvaterra de Miño, na última xuntanza determinouse a creación dun punto de información para tódolos interesados e propietarios das parcelas próximas. A oficina -onde tivo lugar esta mañá o encontro cos medios- está operativa dende onte luns na casa de cultura de Salvaterra de Miño, na parroquia de Leirado. 
  Medidas
Dende a confirmación do foco a departamento que dirixe Samuel Juárez puxo en marcha diversas medidas de actuación, informou ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM) e de inmediato se puxeron en marcha as actuacións precisas para a erradicación do foco, así como as prospeccións sistemáticas co fin de determinar o alcance da enfermidade e a adopción de tódalas medidas fitosanitarias previstas na normativa comunitaria. Do mesmo xeito, convocouse de maneira urxente a Mesa da Madeira para expoñerlle a situación e darlles a coñecer o plan de acción a desenvolver, unha vez publicada a resolución no DOG coa declaración da praga. 
  Ademais, a madeira da zona demarcada, quedou suxeita a limitación de movemento, de forma que só puidese saír da zona con garantías de que se tivese inactivado o nematodo mediante o tratamento térmico adecuado existente nalgunhas industrias da madeira. A día de hoxe xa se regularizou a actividade na zona de vixilancia. 
  Plan de detección
Fai máis de dez anos que existe un Plan de Detección, plan que se redobrou nos últimos dous anos , froito destes esforzos detectouse un único árbore positivo, é dicir, o foco de positividade que xa foi erradicado despois da súa confirmación. Polo que, Medio Rural está actuando coa máxima celeridade no control e erradicación do organismo de corentena nematodo do piñeiro ( Bursaphelenchus   xylophilus ).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: