VARIOS ÁMBITOS DO CONCELLO DE MOAÑA TEÑEN LEVANTADA A SUSPESIÓN CAUTELAR POR SER COMPATIBLES CO PLAN DO LITORAL

  • A Xunta subliña que aplica criterios homoxéneos e obxectivos en todos os concellos do litoral
  • A análise das alegacións e documentación achegada permitiu coñecer unha serie de ámbitos que se atopan nunhas circunstancias que os fan compatibles co Plan de Ordenación do Litoral, por tratase de ámbitos que están en máis do 95% da súa área de ordenación

 A raíz dunha serie de alegacións analizadas dentro do ámbito de aplicación do Plan de Ordenación do Litoral, a totalidade dos solos que se atopaban nas mesmas circunstancias que os que foron recollidos nas alegacións presentadas, a Consellería de Medio Ambiente analizou unha serie de solos en todo o ámbito do Plan de Ordenación do Litoral, que quedaran bloqueadas xustamente pola súa situación de indefinición. Esta circunstancia atopouse ademais nos concellos de Ferrol e Sada nos que houbo alegación, nos concellos de Boiro ou Culleredo. Trátase dos solos clasificados como G4 dentro documento aprobado recentemente polo actual Goberno, nos que se inclúen os solos urbanizados non delimitados e rústicos aptos para urbanizar. Dende o departamento que dirixe Agustín Hernández considerase que estes núcleos se atopan na área de ordenación do POL e sen valores para a súa integración, polo que non ten sentido manter a suspensión. A Xunta chega a esta decisión despois de facer un estudo pormenorizado do ámbito de protección do Plan de Ordenación, no que se conclúe que en varios concellos de Galicia afloran unha serie de solos nos que se pode levantar esa suspensión. Polo tanto, a Xunta aplicou en Moaña os mesmos criterios que aplicou en todos os concellos do litoral, polo que a actuación no caso de Moaña mantén uns criterios obxectivos e homoxéneos, como no caso dos concellos restantes no que se advertiu esta situación.

 Publicado no DOG

Cómpre precisar que tal e como se recolle no texto do Plan de Ordenación do Litoral, publicado onte no Diario Oficial de Galicia, entre os solos con grao de compatibilidade G4, a análise das alegacións e documentación achegada, puxo de manifesto unha serie de ámbitos que se atopan nunhas circunstancias que os fan compatibles co Plan de Ordenación do Litoral, por tratase de ámbitos que están en máis do 95% en área de ordenación do POL. Tamén se pode dar a circunstancia de que fosen ámbitos que non conteñen espazos naturais protexidos, protección de corredor nin espazos de interese xeomorfolóxico, taxón ou paisaxístico, ou sen usos e elementos para a súa valoración en gran superficie, ou ben se trata de ámbitos residenciais que quedan inseridos en trama urbana ou industriais en continuidade con outros existentes. Supostos todos eles en que, en atención a estas circunstancias relevantes de interese xeral, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de forma motivada, deixa sen efecto, parcialmente, as medidas cautelares previstas na Orde do 23 de xullo de 2010, levantándose esta suspensión nestes supostos dada a súa de compatibilidade co POL. En consecuencia, considerouse imprescindible manter as medidas cautelares adoptadas pola Orde do 23 de xullo de 2010, nos ámbitos en que da documentación existente nesta consellería segue resultando contradición cos valores do solo postos de manifesto no Plan de Ordenación do Litoral, Plan Territorial Integrado, e modificar a citada orde e levantar tal suspensión naqueles solos recollidos no anexo, nos cales se acreditou unha realidade física diverxente ou unha situación da tramitación urbanística diferente da acreditada no momento da aprobación inicial deste plan territorial integrado, tendo moi presente que, segundo o artigo 2º da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, este plan territorial integrado ten como obxecto e fin garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: