Archive | enero 5, 2011

A CONSELLERÍA DO MAR PROHIBE CAPTURAR NÉCORA A PARTIR DE MAÑÁ

  •  O período de veda deste crustáceo esténdese dende o 6 de xaneiro ata o 3 de xullo

 Segundo a Orde do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o 2011, a Consellería do Mar prohibe a captura da nécora a partir de mañá, 6 de xaneiro. O calendario aprobado no Plan Xeral de Explotación Marisqueira establece que a actividade de extracción deste crustáceo estará prohibida ata o día 3 de xullo. O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia. A extracción da nécora estivo autorizada dende o 5 de xullo de 2010 ata hoxe. Neste período de tempo capturáronse 115.877,37 quilos nas augas galegas cun importe total de 1.973.029,18 euros. A Consellería do Mar lembra que na actualidade tamén están en veda outros crustáceos como o santiaguiño (Scyllarus arctus) ata o 2 de outubro, o lumbrigante (Homarus gammarus) e a lagosta (Palinrus elephas), ambas especies ata o 30 de xuño.

 

Protesta Grupo Recalvi. Vigo

Os traballadores/as da empresa Recalvi Autos realizaron hoxe unha protesta diante da tenda de recambios que o Grupo Recalvi ten na rúa Venezuela de Vigo para denunciar a súa situación e reclamar o cobro de indemnizacións despois de que onte lles foran entregadas as cartas de despedimento. Despregaron varias faixas e permaneceron dende as 12.00 até as 13.30 horas berrando consignas e facendo soar silbatos.

Entrega de premios no mercado do progreso

O Mercado do Progreso entrega os seus premios de Nadal Con motivo do remate da campaña de Nadal do Mercado Progreso de Vigo, hoxe
mércores 5 de xaneiro ás 12 horas celebrouse a entrega de premios aos
nenos que participaron na nosa actividade “Colga a túa estrela” no ceo do
noso recuncho de Nadal. En total participaron 76 nenos e todos recibiron un pequeno agasallo como
mostra de agradecemento pola súa presenza. Ademáis, realizouse un sorteo
entre os nenos presentes de tres vales de compra para empregar nas tendas
“El país de nunca jamás”, “Imaginarium” e “Eurekakids”.

A DEPUTACIÓN PROPÓN A APERTURA DUNHA AULA DA UNED EN VIGO

A Deputación Provincial de Pontevedra que ostenta a presidencia do padroado do centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Pontevedra, vai a propoñer que se adopte un acordo que posibilite a apertura dunha Aula da UNED en Vigo. Segundo informaron hoxe representantes da entidade provincial, “o padroado da UNED celebrado o pasado mes de setembro analizou e estudou a posibilidade de levar adiante este proxecto en atención á petición formulada polo Concello de Vigo”. Tendo en consideración que a cidade cumpre os requisitos e condicións establecidos pola universidade a distancia para a creación de aulas, o padroado que preside a Deputación refrendará este acordo. Nos vindeiros días, volverá a reunirse o citado órgano para abordar todas as cuestións necesarias para desarrollar esta iniciativa.

Os Reis deixaron os primeiros agasallos nos hospitais e compartiron cos nenos e nenas unha chocolatada

Os Reis Magos de Oriente están a ter hoxe unha apertada axenda en Vigo. Xa desde primeira hora da mañá Melchor Gaspar e Baltasar deixaron os seus primeiros agasallos aos nenos e nenas que pasan estes días nos hospitais. Despois compartiron con eles unha chocolatada no Concello na festa infantil, antes de ir a recuperar forzar para a Cabalgata de tarde e a intensa noite de reparto de agasallos.

Mais noticias: http://xornal.vigo.org/

España y China potencian su relación en materia energética y en la promoción de inversiones exteriores

  Visita oficial a España del viceprimer ministro chino Li Kaqiang

  •  El ministro de Industria, Turismo y Comercio, Miguel Sebastián, preside el encuentro del viceprimer ministro chino, Li Keqiang, con más de un centenar de empresarios de ambos países.
  • La visita ha servido para cerrar 16 acuerdos, 12 de colaboración económica y empresarial y cuatro acuerdos entre ambos Gobiernos. Leer más…

Bajan los precios de naranjas, limones y judías verdes y sube el de la bacaladilla

Precios de venta al público de los productos de alimentación – Diciembre  2010

  • Bajan los precios de plátanos de Canarias, peras de agua y cordero pascual  y suben los de cebollas y patatas.
  • Bajan también los precios de azúcar y aceite de oliva y sube el del tomate natural.
  • De acuerdo con la relación de productos frescos y envasados que elabora el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, las variaciones de precios más importantes, experimentadas por los productos considerados en la muestra han sido las siguientes: Leer más…

PRETO DE 1.500 PERSOAS DE TODA GALICIA LEVAN COÑECIDO NESTE ANO A ACTIVIDADE DOS PORTOS E DAS LONXAS GRAZAS AO PROGRAMA `MAR ACHEGA

110105corte balance Mar Achega

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, presentou hoxe o balance do programa desenvolvido este ano
 PRETO DE 1.500 PERSOAS DE TODA GALICIA LEVAN COÑECIDO NESTE ANO A ACTIVIDADE DOS PORTOS E DAS LONXAS GRAZAS AO PROGRAMA `MAR ACHEGA´
A Consellería do Mar repetirá o próximo ano a iniciativa, que persegue potenciar o consumo do peixe e marisco galego e dar a coñecer as garantías que ofrece o seu etiquetado

Homenaxe a Francisco Fernández del Riego en Vigo o día 14 de xaneiro

Promovido pola Fundación Penzol e Editorial Galaxia, as dúas institucións ás que o intelectual galeguista entregou unha parte moi importante da súa vida.
 O día 7 de xaneiro Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) cumpriría 98 anos. A Fundación Penzol e Editorial Galaxia preparan unha homenaxe civil para o venres14 de xaneiro, ás 19:30 h, dedicada a quen foi un dos seus fundadores, figura sobranceira do galeguismo. Leer más…

Reunión jovenes ponteareanos en sede del PP

 El PP convoca a los jóvenes ponteareanos a un encuentro específico para ellos el próximo lunes.  El partido Popular de Ponteareas prepara para el lunes, día 10, a las 20.30 horas, una reunión en su sede (rúa Virxe dos Remedios, 5 Baixo). Se trata de una reunión específica para los jóvenes con el fin de “cambiar impresiones, explicarles lo que hicimos y lo que vamos a hacer enfocado hacia ellos”, explica el candidato popular a las municipales del 22 de mayo, Salvador González Solla. 
 La reunión está abierta a todos los jóvenes que deseen participar.
 SALVADOR GONZÁLEZ SOLLA.
Candidato Partido Popular Alcaldía de Ponteareas.
Elecciones Mayo 2011.