Archive | enero 6, 2011

Novas Xeracións pecha hoxe a súa campaña "Por un nadal solidario

A formación político-xuvenil levou acabo diversas campañas solidarias en todo o territorio galego co fin de que as familias máis desfavorecidas tivesen un bó nadal. Novas Xeracións de Galicia mostra o seu lado máis solidario no nadal, a través da realización de distintas campañas ó longo e ancho da xeografía galega   O punto final a este nadal solidario terá lugar hoxe  cun concerto benéfico no local “Master Club” en Vigo

A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA NA COSTA GALEGA

  • Afectará ao litoral das tres provincias costeiras galegas a partires de mañá venres

 A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará ao litoral das tres provincias costeiras da comunidade, a partires das 3 horas de mañá venres. Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), na costa de Pontevedra e no suroeste da de Coruña haberá mar de fondo do oeste de 4 a 5,5 metros do suroeste, con ventos de forza sete a oito e mar grosa a moi grosa. No resto do litoral coruñés haberá vento de forza 8 con intervalos de forza 9 na área de Ortegal- Bares, con mar moi grosa e mar de fondo de 4 aumentando a 5 ao sur de Cabo Prior. En canto ao litoral de Lugo, tamén haberá vento do suroeste forza 8 con probables intervalos de forza 9 en Bares. Mar moi grosa na área de Bares e tamén ao final en toda a zona mar adentro. Ademais, agárdase en terra nas catro provincias galegas rachas de vento de ata 90 quilómetros por hora, o que se corresponde cun nivel de alerta amarelo. Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros galegos, aos clubs náuticos das tres provincias e a Protección Civil, entre outros. Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org),  que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.