Caballero confirma que o albergue tramitarase pola vía da urxencia para iniciar as obras de xeito inmediato

O rexedor vigués explicou que contará con 35 prazas, un orzamento de 317.000 euros e comezará a funcionar a principios do mes de maio. Caballero reiterou que se trata dun albergue provisional e que estará en funcionamento ata que estea o definitivo.-O alcalde de Vigo reuniuse na mañá deste venres con catro representantes do grupo O Imán para presentarlles o proxecto de reforma do albergue provisional de Vigo que se emprazará na Escola de Hostalería. Así avanzoulles que o vindeiro luns iniciaranse os trámites para levar adiante a contratación pola vía de urxencia, “de xeito que as obras poidan comezar de forma inmediata”, dixo. Segundo explicou o socialista os técnicos traballan cun prazo estimado de obra de entre dous meses e medio, tres meses polo que a instalación provisional polo que a instalación provisional podería estar rematada “a finais de abril, principios de maio”. Caballero subliñou que contará con 35 prazas repartidas en habitacións con capacidade para unha, dúas, tres e catro persoas “cumprindo todos os requisitos de accesibilidade” e insistiu en que ” funcionará ata que entre en funcionamento o definitivo”. Entre as reformas que se levarán adiante destacou a do oco da escaleira, “non por ser albergue senón por ser edificio público” que, tal e como indicou “xa tería que estar feita de antes”. A actuación prevé reformar todos os andares- segundo, terceiro, carto e quinto- e no último emprazarase unha sala polivalente de usos múltiples. “Haberá baños individuais en cada unha das prantas” e, tal e como suxeriron desde O Imán, as habitacións “contarán con taquillas”

Mais noticias: http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: