LEI DE COMERCIO 70111

  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, adianta que o recentemente creado e activado corpo de Inspectores de Comercio, regulado no texto legal aprobado polo Parlamento de Galicia, xa comezou o seu labor de supervisión e información nas grandes cidades para facer cumprir a normativa a partires do día 18 de xaneiro, en especial durante o actual periodo de rebaixas
  • Deste xeito, explicou, a Consellería de Economía e Industria amosa o seu compromiso, “como non podía ser doutro xeito, coa sociedade e o comercio galego, co que, dende o diálogo, acadouse unha norma que beneficia ao pequeno comercio de Galicia sen esquecer o necesario respecto aos consumidores, un aspecto moi importante durante o periodo de rebaixas, que agardamos sexa todo un éxito para o sector comercial galego”

 A Consellería de Economía e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Comercio, xa comezou os traballos de supervisión e información encamiñados a garantir o cumprimento da nova Lei de Comercio de Galicia dende o mesmo momento da súa entrada en vigor, a partires do vindeiro 18 de xaneiro. Así o explicou hoxe a directora xeral de Comercio do departamento que dirixe Javier Guerra en rolda de prensa. Nava Castro adiantou ante os medios que a Consellería de Economía e Industria xa ten creado e activado o corpo de Inspectores de Comercio, regulado pola normativa aprobada en decembro polo Parlamento de Galicia, que ten iniciado o seu labor de supervisión e información cunha campaña nas grandes cidades para garantir o cumprimento da regulamentación dende o primeiro momento da súa entrada en vigor, especialmente no actual periodo de rebaixas. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria, explicou Nava Castro, amosa o seu compromiso, “como non podía ser doutro xeito, coa sociedade e o comercio galego, co que, dende o diálogo, acadouse unha norma que beneficia ao pequeno comercio de Galicia sen esquecer o necesario respecto aos consumidores, un aspecto moi importante durante o periodo de rebaixas, que agardamos sexa todo un éxito para o sector comercial galego”. A directora xeral de Comercio aproveitou a súa comparecencia antes os medios para recordar que os consumidores deben consultar as posibilidades de cambio e devolución durante a tempada de rebaixas, comprobar que os artigos xa estiveran expostos, gardar o ticket de compra e mercar con moderación e racionalidade, tal e como aconsella o Instituto Galego de Consumo e as organizacións de consumidores. Nava Castro adiantou tamén que para facilitar o desenvolvemento das rebaixas ven de colgar na páxina web da Consellería de Economía e Industria un documento no que se explica a actividade de promoción de vendas regulada na Lei de Comercio, e fará o mesmo coas preguntas máis frecuentes plantexadas tanto polos comerciantes como polos consumidores. O traballo da Consellería de Economía e Industria, apuntou a directora xeral de Comercio, acadou o obxectivo de dotar a Galicia dunha nova Lei de Comercio e tela “aprobada antes de que rematara o pasado ano, tal e como nos comprometeramos a facer, e logo de acadar que a nosa Comunidade Autónoma fora unha das poucas en España en adaptarse en prazo á nova Directiva Europea de Servizos coa Lei 7/2009 de modificación da Lei 10/2008”. Con este texto, no que se teñen incorporado alegacións feitas polo sector e as recomendacións feitas polo CES, Nava Castro afirmou que se “acada o reto de configurar unha normativa integral moderna, actualizada e eficaz que protexerá o interese xeral coa finalidade de acadar a modernización, a mellora e o desenvolvemento do sector comercial galego, especialmente do pequeno comercio, dando resposta ás demandas dos comerciantes sen descoidar a protección dos consumidores”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: