Novacaixagalicia y AIMEN impulsan programas de fomento del empleo y de apoyo a la I+D+i

     Ofertarán bolsas de iniciación profesional para os que veñen de titularse     A caixa de aforros achegará financiamento para estudos de diagnóstico tecnolóxico  .- Novacaixagalicia e o Centro Tecnolóxico AIMEN traballarán conxuntamente no desenvolvemento de iniciativas de fomento do emprego e de apoio á I+D+i empresarial e á protección do medio ambiente. A alianza entre ambas as entidades concrétase nun protocolo de colaboración subscrito polo presidente de AIMEN, Fernando Vázquez, e o director de Desenvolvemento Económico e Fomento do Emprego de Novacaixagalicia, José Lino Comesaña. No marco deste acordo, a caixa de aforros galega sufragará, a través do seu programa de bolsas de iniciación profesional, a contratación dos que veñen de titularse na universidade ou de FP, que iniciarán a súa carreira profesional en AIMEN como técnicos especialistas nas ramas do metal, mecánica industrial, química, eléctrica ou automoción. As contratacións realizaranse por un período mínimo de 6 meses e máximo dun ano. O director de Desenvolvemento Económico e Fomento do Emprego de Novacaixagalicia, José Lino Comesaña, explicou que este programa de bolsas “ten como obxectivo a mellora da capacitación profesional e a empregabilidade dos mozos que veñen de titularse, ao tempo que crea unha nova ponte entre a empresa e o coñecemento universitario”. Pola súa parte o presidente de AIMEN, Fernando Vázquez, ademais de agradecer o apoio continuado de Novacaixagalicia a AIMEN, expresou a súa satisfacción porque este convenio contribuirá ao fomento do emprego a través da formación que o centro tecnolóxico proporcionará aos seus beneficiarios. Durante o acto de asinamento do convenio, o presidente de AIMEN vinculou esta colaboración á traxectoria formativa do centro tecnolóxico, que dispón dunha área de formación pola que cada ano pasan máis de 1.000 alumnos de todas as categorías profesionais, destacando na oferta o Máster en Enxeñaría da Soldadura para Enxeñeiros Técnicos e Superiores. Fernando Vázquez mostrouse convencido de que AIMEN “achegará neste período de crise un alto valor engadido para reducir a taxa de desemprego, que é a principal causa de preocupación nacional especialmente entre os mozos”. Ademais, Novacaixagalicia prestará apoio económico a AIMEN para o desenvolvemento dun programa de impulso da I+D+i empresarial e a protección do medio ambiente. Esta iniciativa está concibida para financiar proxectos de investigación empresarial vinculados á preservación medioambiental, tales como estudos de diagnóstico tecnolóxico ou actividades investigadoras diversas. O presidente de AIMEN tamén tivo palabras de referencia para a área de medio ambiente, que o convenio inclúe como parte do seu contido, un eido de enorme crecemento e percorrido, xa que, na súa opinión, “aínda falta moito para alcanzar o cumprimento estrito da normativa vixente para a preservación do medio ambiente”. A colaboración establecida no acordo faise extensiva a outros eidos, como a celebración de programas de formación directiva empresarial na Escola de Negocios e Centro de Novas Tecnoloxías de Novacaixagalicia ou a realización de actuacións encamiñadas á difusión das tecnoloxías desenvolvidas por AIMEN. Co asinamento deste protocolo, ambas as entidades consolidan unha traxectoria de colaboración coa fin preferente de favorecer as condicións de acceso dos mozos ao mercado laboral. Neste sentido, a Obra Social de Novacaixagalicia afondou nos últimos anos na súa aposta polas áreas da promoción empresarial, o apoio aos sectores produtivos, o fomento do emprego, a innovación, a xestión do coñecemento e o desenvolvemento sostible. Esta liña de actuación traduciuse nunha importante extensión das actividades desenvolvidas pola caixa de aforros nestes eidos, tanto en colaboración con outras entidades e institucións como a través da posta en marcha de proxectos propios, como é o caso do programa de bolsas de iniciación profesional.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: