O PP DE REDONDELA DESENMASCARA AO BIPARTITO E EDUARDO REGUERA ADMITE A PRÁCTICA DE IRREGULARIDADES NA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DO GRUMIR

  • Os populares solicitaron, no último pleno, a comparecencia do edil de Protección Civil para preguntarlle polo conflito laboral mantido cun grupo de traballadores deste servizo

O Partido Popular de Redondela solicitou no último pleno municipal do ano 2010, celebrado o pasado mércores 29 de decembro, a comparecencia, entre outras, do concelleiro delegado de Protección Civil para preguntarlle polo conflito laboral que mantén cun grupo de traballadores do servizo do Grumir. Neste sentido, o PP corroborou as súas investigacións ao ser o propio edil, o señor Eduardo Reguera, quen admitiu efectuar contratos laborais cos voluntarios do Grumir para cubrir o servizo durante este ano 2010 sen ter en conta as bases establecidas para este tipo de contratos fixados e subvencionados  pola Xunta de Galicia, engadindo, ante o estupor de propios e estraños, “que o feito de non cumprir coas bases é unha conduta xeneralizada”. En primeiro lugar Reguera negou a existencia de tal conflito –ou que el o descoñecía se realmente o houbese-. Acto seguido, e na súa segunda quenda, o concelleiro do PP Alberto Pazos preguntou directamente se estas contratacións se fixeran seguindo o marcado nas bases que legalmente as definen, e nas que se describe de forma inequívoca os períodos máximos de traballo e o perfil tipo de persoa que pode acceder a estes contratos subvencionados. Foi entón cando Reguera tratou de buscar unha escusa intentando convencer ao auditorio de que isto non tiña importancia xa que a el parecíalle ben, e non vía problema algún na súa interpretación. “Noutras palabras, excedeuse o período máximo durante o cal os voluntarios poden estar contratados para o servizo e ademais incúmprese reiteradamente cunha das condicións básicas para ser contratado, que non é outra que estar desempregado e non ter experiencia laboral, “xa que o obxecto destas contratacións é o de fomentar o emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas desempregadas e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, coa finalidade de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitarlles a súa inserción laboral”, explica Pazos.mAdmitido xa, por parte do propio concelleiro, que o Goberno local incorrera nestas irregularidades, Reguera escudouse en que “para el non se pode mandar a cubrir o servizo do Grumir a persoas sen coñecementos”. Isto resulta evidente, “é preciso que ao menos teñan coñecementos para estas tarefas, doutro xeito sería cometer un acto imprudente”, subliña o edil do PP. “O toque final protagonizouno o comentario do señor Reguera aportando como argumento que este tipo de contratación ilegal faise de forma sistemática en moitos municipios”, dos que incluso deu algúns exemplos diante do público e dos medios de comunicación asistentes á sesión plenaria. Ante esta situación, desde o PP de Redondela cualifican a impresión que causou o edil de nefasta “por canto admitiu pública e imprudentemente a súa censurable xestión, ao realizar contratos con diñeiro público e de forma irregular e poñendo de manifesto as maneiras que imperan nesta concellaría que é unicamente da súa competencia. O señor Reguera demostrou en público a súa forma particular de ver as cousas, de interpretar as normas como a el lle parece conveniente e de buscar escusas cando non queda outro camiño. Este tipo de conductas son inadmisibles en ninguén que se dedique a xestionar cuestións públicas, e aínda menos en alguén que pretende ser elixido alcalde deste municipio nos próximos comicios municipais. Actuou mal e a sabendas, e nós, o grupo popular, rexeitamos este xeito que ten o bipartito de facer as cousas, maneiras que poremos en coñecemento de todos os veciños para que o poidan comprobar por eles mesmos”, asegura Pazos. O PP condena este tipo de actuacións “que non poden nin deben quedar impunes”. A admisión por parte dun concelleiro do actual Bipartito municipal de actuacións irregulares, que así se amosou e así debe quedar recollido no acta do pleno, “non é máis que outra demostración do actual nivel de xestión que desenvolven os nosos gobernantes en Redondela, unha auténtica demostración de incompetencia e de nepotismo, así como de pasar por enriba de depende qué normas e pretender que non existan problemas derivados desta actuación irregular do concelleiro. Os demais membros da Corporación, en concreto os concelleiros populares non van calar desta vez, dando alas a conductas non permitidas nun cargo público”, conclúe Pazos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: