Salomé, do Centro Dramático Galego, mañá no centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo

I       Unha adaptación de Pepe Sendón con María Mera no papel protagonista

A tempada de abono de teatro galego no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo arranca mañá, sábado día 8 de xaneiro, ás 20.30 horas, coa representación da versión do Centro Dramático Galego de ‘Salomé’ de Óscar Wilde. Baixo a dirección de Carlos Santiago e con María Mera no papel da filla de Herodes de Filipo, esta adaptación de Pepe Sendón presenta unha lectura satírica da traxedia e unha posta en escena actualizada e nada compracente da realidade. A acción, que transcorre nun único acto, sitúase no país mítico de Galilea, onde Herodes Antipas celebra o seu aniversario cun banquete organizado na súa honra pola alta sociedade xudía. A través dunha posta en escena arriscada, o espectáculo ofrece unha lectura máis satírica e política, mantendo o simbolismo e o ton poético orixinais, pero eliminando os exotismos orientais e as interpretacións relixiosas. Nesta versión, a traxedia segue acontecendo en Galilea, pero nun contexto contemporáneo e máis próximo ao espectador, aínda que de carácter fantástico. As entradas (entre 3 e 10 euros) están á venta en www.servinova.com, no despacho de billetes telefónico 902 504 500 e o mesmo día da actuación, no despacho de billetes do teatro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: