Llueve y llueve en Galicia y en Vigo no para.
http://www.youtube.com/watch?v=tyUqy5uN15k
Esperemos que la meteorología nos de un respiro estos días. Al menos para secarnos un poco y los afectados por estas lluvian torrenciales, puedan regresar a sus viviendas.
PORTOS COLOCARÁ NOVOS PANTALÁNS ABOIANTES NO PORTO DE MEIRA PARA OPTIMIZAR A SÚA CAPACIDADE E O NÚMERO DE AMARRES
Portos remplazará o pantalán existente duns 136 metros atracable por unha cara por outro de 112 metros con capacidade polos dous laterais
- Portos de Galicia anunciou no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das obras de instalación de novos pantaláns aboiantes para amarre da flota pesqueira do Porto de Meira, no termo municipal de Moaña. O presuposto de adxudicación é de 263.942,24 euros e o prazo de execución de tres meses. Con esta actuación, Portos optimizará a capacidade e o numero de amarres deste porto. Leer más…
O GRUPO POPULAR DEMANDA A ENTREGA DOS CUARTEIS DA GARDA CIVIL DE RODEIRO, MOS, TUI, A GUARDA E PORRIÑO, NOS QUE AS OBRAS DE REFORMA OU REMODELACIÓN REMATÁRONSE HAI UN ANO
A través dunha iniciativa parlamentaria presentada por Dámaso López, quen salienta que o Ministerio de Interior “está a transgredir unha obriga institucional” ao non permitirlles o retorno ás casas-cuartel aos membros do Corpo, que se ven obrigados a residir en vivendas de aluguer.-No caso de Mos, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra atribuíu o retraso na entrega a que a obra sufriu un modificado, o que para Dámaso López non é xustificación dado que a posibilidade de modificados nos proxectos “está prevista para os contratos do sector público de xeito legal e regulamentario”.
A proposición non de lei estende a petición a outros cuarteis en situación similar nas outras provincias galegas, nos que tamén se executaron obras entre 2009 e 2010 ao abeiro do Plan E.