Xabier Alonso anuncia que a Liga de Fútbol Indoor comezará o vindeiro venres co derbi entre Celta e Deportivo
«Garantizo que a xente vai disfrutar dun gran espectáculo deportivo», afirmou Xabier Alonso na presentación da liga, na que tamén participaron o presidente da Liga Indoor, Álvaro Garrido, o representante da organización, Marcos Álvarez, así como o xogador do Celta, Jorge Otero, e o xogador do Deportivo, Agustín Elduayen, a quenes agradeceu a súa participación. O concelleiro de Deportes fixo un chamamento para que «o mundo do deporte da cidade se volque con este espectáculo». Asegurou que a súa celebración en Vigo se inxire nos obxectivos da Concellería de Deportes, como son que a xente poida asistir a eventos deportivos de gran calidade e potenciar que toda a cidadanía practique deporte. Entre as novidades, o representante da organización, Marcos Álvarez, salientou que a Liga de Fútbol Indoor este ano pasa de 9 a 20 equipos, divididos en catro grupos , dos que se clasifican os dous primeiros para cuartos de final. «Imos pelexar para que o Celta se clasifique», asegurou Xabier Alonso. O xogador do Celta, Jorge Otero, destacou tamén a calidade dos futbolistas, ao contar na plantilla con xogadores «de primeiro nivel» como Maté, Ratkovic e Gudeli. O xogador do Deportivo, Agustín Elduayen, pola súa banda, comentou que o Celta será un rival duro ao que vencer no derbi.
Mais noticias http://xornal.vigo.org/
Ignacio López-Chaves hace valoración del año político y el parque temático de Castrelos
valoracion año-castrelos parque tematico
valoración del año político y el parque temático de Castrelos – Vigo
MEDIO AMBIENTE INVESTIRÁ NO 2011 MÁIS DE 60 MILLLÓNS DE EUROS EN INFRAESTRUTURAS NA ÁREA DE PONTEVEDRA
Agustín Hernández visitou hoxe as obras de acondicionamento dos treitos Ponte Caldelas-Forzáns e Caritel-A Lama, da estrada PO-255 e da PO-241
Un 60% deste investimento se destina a actuación en materia de estradas, como a autovía Pontevedra- Vilagarcía que incluirá o Nó de Curro, así como a autovía Curro-Baión
- Esta actuación viaria, adxudicada por un importe total de case 9 millóns de euros, estará rematada a finais do ano 2012
- Esta estrada esixe unha actuación importante, xa que ao tratarse dunha vía cun trazado moi antigo e sinuoso presenta moitas carencias e deficiencias e na que se rexistra unha alta sinistralidade Leer más…
FESGA organiza a conferencia-coloquio: “Venezuela, revolución e poder obreiro
Martes 11 de xaneiro, ás 20h no auditorio do local da CIG en Vigo.
A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), dentro da súa actividade divulgadora, ven de organizar para o vindeiro martes 11 de xaneiro, a partir das 20h, unha conferencia que baixo o título “Venezuela, revolución e poder obreiro” terá lugar na sede comarcal da CIG de Vigo (Rúa Gregorio Espino 47). No perfil da fundación na rede social Facebook foi creado un evento con esta convocatoria que podes axudar a difundir. Leer más…
O ALCALDE CONFIRMA EN MADRID QUE AS ETAPAS DA ESTACIÓN FERROVIARIA MARCHAN A BO RITMO
- Estanse a pechar as axendas do arquitecto Thom Mayne e do Ministro de Fomento, José Blanco, para presentar en Vigo o proxecto definitivo
- As empresas terán de prazo ata o 2 de marzo para presentarse á execución deste proxecto– Leer más…
O PP DE SALCEDA DE CASELAS APLAUDE A ACHEGA DA XUNTA DE GALICIA PARA INSTALAR UN PARQUE BIOSALUDABLE NO MUNICIPIO
- Rodríguez Davila amosa o seu contento pola predisposición do Goberno autonómico cos veciños salcedenses, que neste caso se materializa cunha subvención de máis de 8.500 euros Leer más…
EDITORIAL GALAXIA PUBLICA 1Q84, A NOVA NOVELA DE MURAKAMI
O día 1 de febreiro poñerase á venda 1Q84, a nova novela de Haruki Murakami. Editorial Galaxia publícaa en galego ao mesmo tempo que o libro se lanza noutras linguas do mundo. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. En xaponés, a letra q e o número 9 son homófonos, pronúncianse kyu, de xeito que 1Q84 é, sen selo, 1984, data con sonoridade orwelliana. Esa variación na grafía reflicte a sutil alteración do mundo no que viven os personaxes desta novela, que é, tamén sen selo, o Xapón de 1984. Leer más…
ECONOMIA E INDUSTRIA IMPULSA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS NA INDIA E CHINA
- A Consellería de Economía e Industria quere potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países
- Os plans beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos, entre outros
- Esta iniciativa de promoción de produtos agroalimentarios na India e China poderán ser prorrogada, para desenvolver accións ata 2012 Leer más…
Exposição "O Prazer de Fotografar" -Valença -Portugal
A Biblioteca Municipal de Valença tem patente ao público uma exposição de fotografia intitulada «O prazer de fotografar» de Eduardo Teixeira Pinto, desde 5 de Janeiro. A exposição conta com 38 fotografias com títulos como “Redopio”, “Igreja de S. Gonçalo”, “De Regresso”, “Tema de Pintores”, “Matinal” e “Quietude” a partir das quais obteve inúmeros prémios em Portugal e no Estrangeiro, nomeadamente o Grande Prémio Camões (1960) uma das maiores distinções a nível nacional na época.
Eduardo Teixeira Pinto nasceu em S. Gonçalo, Amarante, em 1933 e faleceu em Janeiro de 2009. Começou a tirar as suas primeiras fotografias profissionais em 1950. A exposição itinerante permanece aberta público até dia 30 de Janeiro, de Segunda a Sábado, na Biblioteca Municipal de Valença.
Juan Tamariz repasará 40 anos de carreira no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo
A programación cultural da entidade financeira para o mes de xaneiro na cidade continuará a fin de semana coa representación o día 15 de Etheria. A viaxe soñada, a cargo do Centro Coreográfico Galego, e a posta en escena da obra de teatro Sexos o domingo 16. Tamén haberá espazo para a música clásica, co concerto do trío formado polo violinista Peter Zimmermann, o viola Antoine Tamestit e o chelo Chistian Poltera o día 21 de xaneiro. Sarabela Teatro pechará as propostas para este mes de xaneiro o día 29 coa montaxe O incerto señor don Hamlet. As entradas para ver en directo os mellores números de Tamariz (entre 20 e 25 euros) están á venda en www.servinova.com, no despacho de billetes telefónico 902 504 500 e o día da actuación, no despacho de billetes do teatro.