ECONOMIA E INDUSTRIA IMPULSA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS NA INDIA E CHINA
- A Consellería de Economía e Industria quere potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países
- Os plans beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos, entre outros
- Esta iniciativa de promoción de produtos agroalimentarios na India e China poderán ser prorrogada, para desenvolver accións ata 2012
A Consellería de Economía e Industria vén de reafirmar o seu compromiso e apoio á promoción de produtos agroalimentarios galegos nos mercados de China e India, no marco dos respectivos plans de impulso das exportacións nos que o Goberno galego colabora con diferentes organismos de promoción exterior. No desenvolvemento da estratexia de apoio a internacionalización e competitividade da Consellería de Economía e Industria o consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica aprobou a sinatura, en 2011, dos convenios de colaboración interinstitucional orientados ao artellamento dos respectivos plans de promoción de produtos agroalimentarios en China e na India. As accións de promoción impúlsanse ao abeiro de cadanseu convenio que establece amplos marcos de colaboración, e as prórrogas teñen por obxecto dar continuidade en 2011 ao desenvolvemento dos plans de promoción de produtos agroalimentarios españois en China e India durante o ano 2010, coa idea de que as iniciativas sirvan para aumentar o coñecemento das ofertas exportables galegas e españolas neses países, ao tempo que se incrementa o consumo dos produtos galegos, de cara a integralos nos hábitos de consumo orientais. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria quere potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países, cuns acordos de colaboración que poderán ser prorrogados ata 2012. Ademais, os plans de promoción de produtos agroalimentarios, en China e na India, inclúen actividades de información e formación, así como accións de promoción a realizar tanto directamente, como no marco de feiras internacionais, e beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos, entre outros A promoción de produtos galegos, nestes dous países emerxentes con grandes expectativas de crecemento, constitúe é o obxectivo dos acordos nos que está comprometida a Consellería de Economía e Industria a través do Igape, no marco dunha iniciativa de colaboración coas diferentes comunidades autónomas, e outras institucións como a Federación de Industrias de Alimentación e Bebidas, o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), ou o MARM.
// // // // 20?46:24;if(document.getElementById(«tphdr»))h-=3;var g=false;do b+=c.offsetLeft||0;while(c=c.offsetParent);
c=(document.documentElement.clientWidth||document.body.clientWidth)-b-d;var e;d=document.body;var f=document.defaultView;if(f&&f.getComputedStyle){if(d=f.getComputedStyle(d,»»))e=d.direction}else e=d.currentStyle?d.currentStyle.direction:d.style.direction;e=e==»rtl»;if(a==»gbi»){for(d=0;f=r[d++];)f();t(null,window.navExtra);if(e){b=c;g=true}}else if(!e){b=c;g=true}o!=a&&s();q(a,b,h,g)},s=function(){o&&q(o,0,0)},t=function(a,b){var c,d=document.getElementById(«gbi»),h=a;if(!h)h=d.firstChild;for(;b&&
(c=b.pop());){var g=d,e=c,f=h;p||(p=»gb2″);g.insertBefore(e,f).className=p}},v=function(a,b,c){if((b=document.getElementById(b))&&a){a.className=»gb4″;var d=document.createElement(«span»);d.appendChild(a);d.appendChild(document.createTextNode(» | «));d.id=c;b.appendChild(d)}};m.qs=l;m.setContinueCb=k;m.pc=j;m.tg=u;m.close=s;m.addLink=v;m.almm=t;})();
// ]]>