EDITORIAL GALAXIA PUBLICA 1Q84, A NOVA NOVELA DE MURAKAMI

O día 1 de febreiro poñerase á venda 1Q84, a nova novela de Haruki Murakami. Editorial Galaxia publícaa en galego ao mesmo tempo que o libro se lanza noutras linguas do mundo. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. En xaponés, a letra q e o número 9 son homófonos, pronúncianse kyu, de xeito que 1Q84 é, sen selo, 1984, data con sonoridade orwelliana. Esa variación na grafía reflicte a sutil alteración do mundo no que viven os personaxes desta novela, que é, tamén sen selo, o Xapón de 1984. Nese mundo en aparencia normal móvense Aomame, unha muller que traballa como instrutora nun ximnasio e, así e todo, é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, e Tengo, un profesor de matemáticas que tamén é un escritor secreto e aspirante a novelista. Ambos os dous abeiran os trinta anos, ambos os dous levan vidas solitarias e ambos os dous perciben á súa maneira leves desaxustes na realidade que os rodea e que os han levar inexorablemente a un destino común. A novela desenvólvese sobre o pano de fondo da historia contemporánea, das sectas relixiosas, do maltrato e da corrupción, un universo enrarecido no que o narrador escarabella para desvelar outra realidade oculta.  Traducida directamento do xaponés para o galego por Mona Imai e Gabriel Álvarez, 1Q84 é o terceiro título de Murakami publicado por Editorial Galaxia, que antes tirara do prelo a novela Tras do solpor e o libro Do que estou a falar cando falo de correr. Haruki Murakami (Kioto, 1949) recibiu prestixiosos premios como o Noma, o Tanizaki, o Yomiuri e o Franz Kafka e, en Galicia, o Arcebispo San Clemente, concedido por estudantes galegos. Despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio e logo foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. En 1995 voltou ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. As súas obras están publicadas en máis de trinta idiomas.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “EDITORIAL GALAXIA PUBLICA 1Q84, A NOVA NOVELA DE MURAKAMI”

  1. ixprim says :

    Danke fur das info 🙂 heike (from germany)

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: