MEDIO AMBIENTE INVESTIRÁ NO 2011 MÁIS DE 60 MILLLÓNS DE EUROS EN INFRAESTRUTURAS NA ÁREA DE PONTEVEDRA

Agustín Hernández visitou hoxe as obras de acondicionamento dos treitos Ponte Caldelas-Forzáns e Caritel-A Lama, da estrada PO-255 e da PO-241 

  • Un 60% deste investimento se destina a actuación en materia de estradas, como a autovía Pontevedra- Vilagarcía que incluirá o Nó de Curro, así como a autovía Curro-Baión
  • Esta actuación viaria, adxudicada por un importe total de case 9 millóns de euros, estará rematada a finais do ano 2012
  • Esta estrada esixe unha actuación importante, xa que ao tratarse dunha vía cun trazado moi antigo e sinuoso presenta moitas carencias e deficiencias e na que se rexistra unha alta sinistralidade

 O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe as obras de acondicionamento dos treitos situados entre Pontecaldelas e Forzáns (PO-255) e Caritel e A Lama (PO-241), iniciadas o pasado mes de xuño. A inversión total destas obras elévase a 9 millóns de euros, dos cales 2,58 millóns de euros corresponden coa partida orzamentaria reservada para o presente ano para avanzar na súa execución. Hernández sinalou que a Consellería que dirixe fará un esforzo inversor destacada ao longo deste ano, xa que en 2011 á área de Pontevedra asumirá deste departamento case 60 millóns de euros. Deste total, un 61% se destinará a actuacións de infraestrutura viaria (36,38 millóns de euros) para esta zona. Destacou que algunhas delas terán un orzamento de preto de 24 millóns de euros, como é o caso da autovía Pontevedra- Vilagarcía que incluirá o Nó de Curro, así como a autovía Curro-Baión. Outra actuación de gran importancia social será o desdobramento da vía Ponte Bora-O Pino, no que se investirá 2,75 millóns de euros. Outra parte importe dos investimentos da Consellería para esta zona son os relativos á Augas de Galicia. Destacan tres actuación importantes, como son: o convenio de colaboración entre Xunta e o Concello de Pontevedra para a execución da segunda fase das obras de infraestrutura hidráulica en parroquias do concello de Pontevedra, o convenio co concello de Marín para a execución e financiamento de infraestruturas, e a explotación da estación depuradora de augas residuais dos Praceres. Estas tres actuacións suman 9,86 millóns de euros, dos 13,08 reservados para o conxunto de todas as actuacións. En materia de vivenda e solo empresarial, o orzamento para o 2011 ascende a case 10 millóns de euros, que se investirán na construción de vivendas de promoción pública de Valdecorvos (6,62) e no parque empresarial de Poio (2,2).

Obras a levar a cabo

O proxecto desenrólase nun trazado que parte en Ponte Caldelas e se bifurca dende Caritel (dende o quilómetro 4+480) en dous ramais; un cara Forzáns e outro ata A Lama. As obras afectarán un total de 9,5 quilómetros, polo que beneficiará dun xeito directo a unhas 10.000 persoas pertencentes aos concellos de Ponte Caldelas e A Lama. Ademais, con esta actuación, mellóranse as comunicacións viarias co centro penitenciario da Lama e a súa conexión cos centros de administración de Xustiza. Nesta infraestrutura realizarase unha escavación de algo máis de 95.000 metros cúbicos de terra; e 203.737 metros cúbicos de terraplén. Levaranse a cabo dúas glorietas en intersección, situadas en Caritel e Forzáns; a urbanización e reposición de servizos públicos; a restauración paisaxística; a drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización e balizamento. Ademais da ordenación ecolóxica estética; a xestión de residuos e a seguridade e saúde. A realización deste proxecto obrigará á expropiación de 328 predios afectados. Estas estradas teñen diferente tipos de eixe e nelas levaranse a cabo carrís de 3,5 metros de ancho e beiravías dun metro, aínda que estes variarán de un a dous segundo o largo da vía. A velocidade deste proxecto irá dende os 50 aos 60 quilómetros por hora.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: