O ALCALDE CONFIRMA EN MADRID QUE AS ETAPAS DA ESTACIÓN FERROVIARIA MARCHAN A BO RITMO

  • Estanse a pechar as axendas do arquitecto Thom Mayne e do Ministro de Fomento, José Blanco, para presentar en Vigo o proxecto definitivo
  •  As empresas terán de prazo ata o 2 de marzo para presentarse á execución deste proxecto  O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse neste luns co presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Antonio González Marín, para ir perfilando o proxecto da estación do AVE en Vigo. O obxectivo do encontro, tal e como asegurou o alcalde, era confirmar as fechas e que todas as etapas da estación van a bo ritmo, o que finalmente foi corroborado no encontro. O alcalde tamén avanzou que as empresas teñen de prazo ata o 2 de marzo para presentarse á execución do proxecto. Respecto ao deseño da estación o rexedor socialista explicou que se están a pechar as axendas do arquitecto norteamericano Thom Mayne e do Ministro de Fomento, José Blanco, que estarán en Vigo para a súa presentación. O Ministerio de Fomento, a través de ADIF, licitou a construción e explotación do Centro Vialia na nova estación de Urzáiz o pasado 21 de decembro. Un proxecto que conta cun orzamento estimado de construción de 153,5 millóns de euros. Deles ADIF ten comprometida a contratación de 33 millóns para a realización das obras necesarias. O investimento restante deberá ser aportado pola nova sociedade, cunha porcentaxe de recursos propios de a lo menos o 30%. O centro Vialia de Vigo contará cunha superficie de 208.624 m2, dos que 108.957 estarán destinados a uso comercial, 58.715 corresponderán a viais e zonas verdes e 40.952 adicaranse a construción dun aparcamento subterráneo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: