Xabier Alonso anuncia que a Liga de Fútbol Indoor comezará o vindeiro venres co derbi entre Celta e Deportivo
«Garantizo que a xente vai disfrutar dun gran espectáculo deportivo», afirmou Xabier Alonso na presentación da liga, na que tamén participaron o presidente da Liga Indoor, Álvaro Garrido, o representante da organización, Marcos Álvarez, así como o xogador do Celta, Jorge Otero, e o xogador do Deportivo, Agustín Elduayen, a quenes agradeceu a súa participación. O concelleiro de Deportes fixo un chamamento para que «o mundo do deporte da cidade se volque con este espectáculo». Asegurou que a súa celebración en Vigo se inxire nos obxectivos da Concellería de Deportes, como son que a xente poida asistir a eventos deportivos de gran calidade e potenciar que toda a cidadanía practique deporte. Entre as novidades, o representante da organización, Marcos Álvarez, salientou que a Liga de Fútbol Indoor este ano pasa de 9 a 20 equipos, divididos en catro grupos , dos que se clasifican os dous primeiros para cuartos de final. «Imos pelexar para que o Celta se clasifique», asegurou Xabier Alonso. O xogador do Celta, Jorge Otero, destacou tamén a calidade dos futbolistas, ao contar na plantilla con xogadores «de primeiro nivel» como Maté, Ratkovic e Gudeli. O xogador do Deportivo, Agustín Elduayen, pola súa banda, comentou que o Celta será un rival duro ao que vencer no derbi.