CATROCENTAS PERSOAS VISITARON A BIBLIOTECA E O ARQUIVO DA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA NO SEU PRIMEIRO DÍA DE APERTURA AO PÚBLICO DESPOIS DA SÚA INAUGURACIÓN OFICIAL

  • Dúas mil persoas, que forman parte de colectivos ou grupos organizados, concertaron xa a súa visita guiada nos días que quedan do mes de xaneiro.
  • Xa están cubertas todas as prazas para as dúas próximas fins de semana no servizo de visitas en autobús que saen dende Santiago ata o monte Gaiás os sábados e os domingos.

Catrocentas persoas achegáronse hoxe a coñecer o Arquivo e a Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia no seu primeiro día de apertura ao público despois da cerimonia oficial de inauguración presidida polos Príncipes de Asturias. Ademais, dúas mil persoas, que forman parte de grupos organizados ou colectivos, concertaron xa unha visita guiada para os días que faltan do mes de xaneiro. O interese que espertou a apertura dos dous primeiros edificios fixo que se cubrisen a día de hoxe todas as prazas das dúas próximas fins de semana para o programa especial de visitas guiadas que saen en autobús dende Santiago os sábados e domingos. A parte rematada do complexo deseñado por Peter Eisenman permaneceu hoxe por vez primeira aberta ao público de 8 a 20 horas. Dende a primeira hora da mañá chegaron cidadáns que, pese ao mal tempo, quixeron coñecer o proxecto que se leva a cabo no monte Gaiás e  puideron facelo a pé, no seu vehículo ou nos autobuses que comunican o casco urbano de Santiago có monte Gaiás (información sobre as liñas na web www.cidadedacultura.es), un número de persoas que pola tarde aumentou de xeito moi considerable. A meirande parte das persoas que se achegaron participaron nas visitas guiadas gratuítas que se ofertan todos os días ás 12 e ás 18 e nas que abonda para participar con presentarse no Punto de Información (situado no Espazo On, nos soportais da Biblioteca de Galicia). Nestas visitas, un guía profesional acompaña aos visitantes polo interior do Arquivo e da Biblioteca de Galicia, onde teñen a oportunidade de visitar as tres exposicións en marcha: “Peter Eisenmman. A Cidade”, “Espazo propios” da fotógrafa Cándida Höfer ou “Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia”. Houbo tamén excursións programadas de estudantes, que contaron co servizo especial de guías didácticos para visitar a exposición “Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia”, e tamén moitas persoas que preferiron achegarse e visitar por libre a parte rematada do complexo, interesándose polo funcionamento da Biblioteca ou do Arquivo de Galicia, que hoxe estrearon os seus servizos de atención ao público. A interese que espertou a apertura dos dous primeiros edificios fixo que xa non queden prazas libres para participar nas dúas próximas fins de semana nas visitas que saen en autobús dende Santiago os sábados e os domingos ás 12 e ás 17 para as que é preciso reservar praza na web www.cidadedacultura.es. Ademais, son xa preto de dous mil as persoas que forman parte de grupos organizados que concertaron visitas á Cidade da Cultura de Galicia no que queda do mes de xaneiro. Aqueles colectivos ou grupos organizados que desexen programar unha visita guiadas poden facelo no número de teléfono 881 997570 entre as 9 e as 14 horas ou no enderezo electrónico visitas.cidadedacultura@xunta.es.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: