LUCÍA MOLARES CLAUSUROU O OBRADOIRO DE EMPREGO ALFACUCA I DE MOS, ONDE SE FORMARON 32 ALUMNOS E ALUMNAS EN AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, TRABALLO FORESTAL, CARPINTERÍA E CACHOTERÍA

  • A Consellería de Traballo e Benestar destinou un total de 700.000 euros en financiar a Escola Obradoiro, onde os alumnos e alumnas contaron con formación teórico-práctica durante todo o ano 2010.
  • A delegada territorial destacou a importante aposta do Goberno galego polas políticas activas de formación e emprego e que no Concello de Mos ascenderon a unha inversión de case dous millóns de euros durante o ano pasado.   
  • A representante da Xunta en Vigo e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, entregaron esta mañá os diplomas e certificados aos participantes do obradoiro.

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, en compaña da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, clausurou esta mañá o Obradoiro de Emprego Alfacuca I, onde se formaron 32 alumnos e alumnas nas especialidades de auxiliar de axuda a domicilio, cachotería, traballo forestal e carpintería. A Consellería de Traballo e Benestar destinou unha partida superior aos 700.000 euros para subvencionar a posta en marcha deste programa mixto de formación e emprego, dirixido a persoas maiores de 25 anos en situación de desemprego e que ten coma obxectivo mellorar a súa formación profesional para así poder conseguir o fin da reinserción laboral. Este proxecto de Obradoiro de Emprego tivo unha duración de 12 meses, comezando en decembro do ano 2009 e rematando a finais do ano 2010. Contou con 32 participantes, que obtiveron unha formación teórico-práctica co fin de especializarse en auxiliar de axuda a domicilio, cachotería, traballo forestal e carpintería. Entre as actividades que levaron a cabo durante o ano 2010 destacan as obras relativas á restauración e rehabilitación da aldea Alfacuca e, por outra banda, de servizo mediante o programa de apoio a entidades de iniciativa social e/ou sen ánimo de lucro para a prestación dun servizo de axuda a domicilio. Esta mañá, a delegada territorial e a alcaldesa de Mos levaron a cabo a entrega de diplomas e certificados aos alumnos e alumnas que formaron parte deste plan formativo que subvenciona a Xunta de Galicia. Así, a representante do Goberno galego en Vigo destacou o traballo levado a cabo polos alumnos e alumnas e sinalou que “o obxectivo prioritario é reinsertar ás persoas no mercado laboral, conseguir ese emprego que buscan e lograr unha mellor formación” que, segundo considerou, é “a chave nestes momentos complicados”.

Dous millóns de euros en políticas activas de formación e  emprego

Molares recordou así a importante aposta polas políticas activas de fomento do emprego que este ano está levando a cabo o Goberno galego e que no Concello de Mos benefician a máis de 300 traballadores desempregados. A representante da Administración autonómica explicou que durante este ano 2010 a Consellería de Traballo e Benestar investiu dous millóns de euros en políticas activas de formación e emprego no Concello de Mos. Concretamente, destináronse 1,9 millóns de euros ao programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD) e aos programas de cooperación local dos que se beneficiaron 309 persoas en situación de desemprego. “É fundamental facer un bo uso dos recursos públicos e que dean resultado é o que se pretende”, concluíu a delegada territorial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: