A XUNTA LAMENTA A FALTA DE LEALDADE INSTITUCIONAL DO ALCALDE DE VIGO NA INAUGURACIÓN DA HUMANIZACIÓN DA RÚA ESCULTOR GREGORIO

  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten firmado un convenio co Concello de Vigo para levar a cabo a urbanización das rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas e Escultor Gregorio a través do Plan Hurbe.
  • A Xunta de Galicia aporta máis do 80% do investimento de cada unha das tres intervencións, que no seu total ascende aos 7,3 millóns de euros.
  • O Concello de Vigo non invitou a ningún representante da Administración autonómica ao acto de inauguración.

A Xunta de Galicia lamenta a falta de lealdade institucional que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tivo esta mañá coa inauguración das obras de humanización da rúa Escultor Gregorio por non ter avisado nin invitado a ningún representante da Administración autonómica a dito acto. A humanización da rúa que hoxe inaugurou o alcalde da cidade olívica forma parte dun convenio rubricado entre o Goberno galego e o Concello de Vigo para levar a cabo a urbanización das rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas e Escultor Gregorio a través do Plan Hurbe. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aporta a esta actuación máis do 80% do investimento de cada unha das tres intervencións, que no seu total ascende aos 7,3 millóns de euros. A través do convenio rubricado entre Xunta e Concello, queda establecido que as obrigas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ascenderán a case 6,2 millóns de euros en tres anualidades, sendo a partida asignada nos orzamentos para o ano 2011 de 2,66 millóns de euros. O convenio amosa que o Concello de Vigo achegará as cantidades económicas ata completar o custo total da execución das obras (7,3 millóns). Para a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, a actitude do alcalde da cidade “xa non sorprende” quedando claro que este tipo de actuacións soamente responden ao interese de Abel Caballero “de buscar réditos políticos e electorais en actuacións que teñen coma finalidade mellorar o benestar dos cidadáns”, dixo, engadindo que, neste caso, “chama a atención que non houbera ningún representante da administración que financia máis do 80% das actuacións e o inaugure en solitario o que inviste menos do 20%”.

 Importante inversión en humanizacións e melloras da seguridade vial

Nestes momentos, a Xunta de Galicia está a investir 18 millóns de euros en obras de humanización e mellora da seguridade vial no Concello de Vigo. Aos case 6,2 millóns de euros nas obras de humanización das rúas Manuel Álvarez, Severino Covas e Escultor Gregorio, hai que engadir os 1,7 millóns da actuación na PO-324 Samil e Canido así coma un orzamento de 10 millóns de euros no tramo da estrada Vigo-A Ramallosa, que transcorre por Vigo. Ademais, a Xunta de Galicia xa investiu 8 millóns de euros xa investidos nas obras de humanización de Castrelos e Florida.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: