Älvarez Campana comproba in situ a eficacia da campaña"moito máis que viaxar", acompañado por José Fervenza.

O presidente de Portos de Galicia  e o deputado popular fixeron uso do transporte público marítimo entre Moaña e Vigo

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, acompañado polo deputado do Grupo Popular, José Fervenza, comprobou in situ a boa marcha da campaña Moito máis que viaxar, que este mes iniciaba o departamento autonómico que dirixe, para promocionar o transporte público marítimo, concretamente o traxecto en barco entre Vigo, Cangas e Moaña. Álvarez-Campana, acompañado por Fervenza, subiu a bordo dun dos catamaráns na estación de embarque de pasaxeiros de Moaña, dende onde viaxou ata Vigo, en pouco máis de 20 minutos. Álvarez Campana considera que estes traxectos de menos de media hora “poden converterse nunha grande experiencia turística”.  Moito máis que viaxar repartirá entre os veciños da ría de Vigo uns 20.000 folletos informativos para potenciar o uso do transporte marítimo. Ademáis, distribuiranse 2.000 carteis e 5.000 lapis nos hoteis, oficinas de turismo e portos de Vigo, Cangas e Moaña.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: