O SÁBADO COMEZAN AS VISITAS GUIADAS AOS EDIFICIOS EMBLEMÁTICOS DE GARCÍA BARBÓN E POLICARPO SANZ

As persoas interesadas en facer o percorrido poden inscribirse chamando ao 010.-Cerca dunha vintena de inmobles serán obxecto desta visita, que estará guiada polo historiador José Ramón Iglesias Veiga

  • O punto de partida será o Edificio Odriozola e a duración da visita será aproximadamente de hora e cuarto.- A primeira das visitas guiadas polas xoias arquitectónicas das rúas Policarpo Sanz e García Barbón iniciarase este sábado 15 de xaneiro perante o edificio Odriozola, actual se da Axencia Europea de Pesca. Ao longo de hora e cuarto o doutor en Historia da Arte, José Ramón Iglesias Veiga, irá analizando a pe de rúa as fachadas dos edificios máis emblemáticos de ambas rúas, seguindo comoo fío condutor os distintos estilos arquitectónicos que nelas se reflexa. Desde o eclecticismo inicial de Domingo Rodríguez Sesmero (1870) ata a arquitectura de postguerra de Blein Zarazaga, Romero y Comingues (1950), pasando polo Racionalismo – Art-Déco de Castro Represas ou Romualdo de Madariaga e o Historicismo Neomedieval do prolífico  Michel Pacewicz. Cerca dunha vintena de edificios serán obxecto desta visita. As persoas interesadas en participar nas mesmas poden rexistrarse chamando ao 010 e o límite dos grupos está entre as 40 e as 45 persoas. A idea destas visitas é que todos os cidadáns que o desexen poidan descubrir os edificios singulares de ambas rúas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: