A DELEGADA DA XUNTA EN VIGO DESTACA O POTENCIAL DE GALIEXPO MOTOR SHOW PARA SUPERAR OS 75.000 VISITANTES DA ÚLTIMA EDICIÓN

  • Lucía Molares participou esta mañá na inauguración da VI edición do certame e felicitou aos organizadores por comezar o ano feiral do Ifevi con este salón.
  • A representante da Xunta en Vigo animou aos cidadáns de Vigo e a súa área a acudir ao evento para así superar os 75.000 visitantes da última edición.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na inauguración da VI edición de Galiexpo Motor Show, que será o primeiro dos grandes acontecementos que se celebrará este ano no recinto feiral do Ifevi. Lucía Molares destacou o potencial do salón que, un ano máis, ofrecerá un dos mellores espectáculos do motor que se poden contemplar nestes momentos a nivel nacional e así, a delegada felicitou aos organizadores polo seu “dinamismo” e “mérito” á hora de promover un certame destas características.  Ademais, resaltou o feito de que o ano feiral comece no Ifevi con este evento do motor. Molares animou a todos os cidadáns de Vigo e a súa área a visitar o salón e disfrutar das actividades e espectáculos que se van a celebrar durante todo o fin de semana no Ifevi co obxectivo de poder superar os 75.000 visitantes da última edición. “Esperemos que a cidade e os municipios da área respondan e acudan a esta exposición para superar as cifras de  visitantes do ano pasado”, dixo a delegada.  Galiexpo Motor Show é a maior feira do motor do noroeste peninsular e durante tres días de celebración contará cunha variada oferta de actividades e expositores. Nesta edición, o salón presentará en primicia en Galicia unha moto eléctrica e tamén organizará un mercadiño para poder vender ou intercambiar pezas usadas do mundo do motos. Tuning, competicións ou coches clásicos son algúns dos elementos que compoñen a oferta de Galiexpo, no que tamén se poderá gozar coas evolucións de dous rapaces vigueses de 15 anos, un campión de Europa e outro campión de España, que van facer demostracións de trial

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: