O Grupo Municipal do PP felicita á Xunta pola súa aposta por que Mitsubishi se instale en Salvaterra
Conseguiu desbloquealo en silencio e sen declaracións mediáticas
- Unha vez máis queda demostrado que Alberto Núñez Feijóo aposta por Vigo
- Mentres outros, coas súas afirmacións, queren entorpecer o proceso.
O Grupo Municipal do PP quere felicitar á Xunta de Galicia pola súa aposta por que a fábrica de Mitsubishi se instala en Salvaterra. Tras outorgalle a blindaxe legal dos terreos, a factoría poderá instalarse en Salvaterra sen ningún tipo de inconveniente. Este paso vén confirmar, unha vez máis, a aposta do presidente da Xunta de Galicia por Vigo e a súa área. Alberto Núñez Feijóo traballou en silencio, sen declaracións mediáticas que puidesen entorpecer o proceso, ao contrario do que fixeron outras persoas, que coas súas afirmacións querían apuntarse o tanto. A instalación desta factoría suporá unha das inversións máis importantes de Galicia que xerará numerosos postos de traballo. Confírmase así a aposta do presidente da Xunta pola creación de emprego nunha época difícil. Por todo isto, o Grupo Municipal do PP congratúlase deste gran paso e segue a manter plena confianza en Alberto Núñez Feijóo.