SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA VISITA AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO VIARIO BORRALLIÑO-SOBREDO NA PARROQUIA DE SOUTELO
O presidente e membros do PP local acompañaron na tarde de hoxe ao deputado Salvador González Solla e ao director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Manuel González Juanatey, na súa visita a esta obra que da resposta a unha vella demanda dos veciños da zona Este proxecto xunto con outros tamén de mellora do firme, ademais de reformado do alumeado público e saneamento suman un investimento total de 843.000 euros, cantidade que achega a Deputación de Pontevedra ao municipio salcedense a través do PID 2009-2011