Noticias Ayuntamiento de Vigo.
![]() ![]() |
![]() |
O alcalde presenta con VITRASA a nova organización do transporte público de Vigo
Segundo explicou Abel Caballero durante a presentación, a partir deste mes incorpóranse dúas novas circulares e unha nova liña que reforzará o servizo entre Praza de España e Beiramar cando abra o Auditorio. Realízase ademais unha modificación da Circular Inversa e da Circular C4B co obxectivo de prestar servizo á rúa Venezuela e Vía Norte, respectivamente; e amplíase a liña C5A a Navia en fins de semana, prestando unha frecuencia de 15 minutos coa C5B.
.-Santi Domínguez presenta o congreso de Patoloxía Mamaria, un dos 9 que o Vigo Convention Bureau pechou xa para 2011
.-O Congreso Nacional de Toxicoloxía traerá este verán a Vigo ao director do FBI
.-Vigo acolle unha charla sobre un proxecto de conservación de primates no Lwiro-Congo
HERNÁNDEZ SINALA QUE A AMPLIACIÓN DO TÚNEL DE BEIRAMAR ESTARÁ REMATADA A FINAIS DESTE ANO E GARANTE QUE O PLAN DE OBRA PERMITIRÁ O MANTEMENTO DAS ACTIVIDADES PORTUARIAS
O conselleiro destaca que, tal e como se comprometera o Goberno galego, as obras de remate das zonas verdes de San Paio de Navia comezaron a principios de xaneiro
O obxectivo prioritario desta ampliación será conectar directamente a AP- 9 coa rúa da Coruña, un dos eixos vertebradores da cidade olívica, pero mantendo parte do tráfico en superficie para garantir a accesibilidade e a operatividade das instalacións portuarias- O conselleiro de Medio Ambiente recorda que o Porto de Vigo vén de conseguir a certificación Emas, un símbolo da xestión moderna, transparente e de participación Leer más…
FEIJÓO DESTACA QUE A FINAIS DE 2011 OS PAIS E NAIS GALEGOS CONTARÁN CON MÁIS DE 2.700 NOVAS PRAZAS PÚBLICAS PARA NENOS DE 0 A 3 ANOS, UN 20% MÁIS QUE AO COMEZO DA LEXISLATURA
O titular do Goberno galego avanza que, ao longo deste ano, a Xunta porá en marcha 1.000 novas prazas públicas en arredor de 25 escolas infantís, “o que supón ir aproximándonos á ratio da Unión Europea”
Incide en que, “pese aos recortes orzamentarios, temos o obxectivo da lexislatura de construír 4.500 novas prazas en escolas e en garderías infantís”
- Aposta polo crecemento dos concellos galegos “porque iso significa apostar polo crecemento de Galicia; e facémolo sobre todo en dous ámbitos: no emprego e no benestar”
- No eido do emprego, destaca o mantemento do Fondo de Cooperación Local, “e aumentamos un 20% os fondos destinados a que os concellos podan contratar a persoal imprescindible para as súas tarefas”
- Asegura que “Galicia ten unha política económica responsable e rigorosa que incrementa a solvencia de España” e di que “non vamos aprazar decisións inaprazables como é un catálogo de fármacos que supón a garantía de financiamento de todos os fármacos e, entre dous fármacos iguais, o financiamento do fármaco de menor prezo”
- Lembra que o Goberno galego dedica tres de cada catro euros do presuposto do ano 2011 ao benestar Leer más…
FIRST LADIES. EXPOSICIÓN MÉDICOS SIN FRONTERAS EN VIGO
Mañá mércores, día 19 de xaneiro, ás 19.30 horas, terá lugar na Sala de Exposicións III do Centro Social Novacaixagalicia en Vigo a presentación aos medios de comunicación da mostra “First Ladies”, organizada por Médicos sin Fronteras (MSF) en colaboración coa entidade financeira
data | 19.01.2011 |
hora | 19.30 h |
lugar | Centro Social Novacaixagalicia en Vigo (Policarpo Sanz, 26) |
asisten | María Pereira, directora de Acción Cultural da Obra Social Novacaixagalicia
María Díaz Martínez, delegada de Médicos sin Fronteras en Galicia Mariam Rodríguez Blanco, expatriada |
FEIJÓO SUBLIÑA QUE O CHAMAMENTO DO PRESIDENTE DO GOBERNO CENTRAL DE RIGOR E RESPONSABILIDADE NO GASTO PÚBLICO É INCOMPATIBLE CON CALQUERA RECURSO CONTRA O CATÁLOGO DE FÁRMACOS
“É incompatible estar dicindo que as comunidades teñen que axustar o gasto, cumprir o orzamento e que teñen que estar na estabilidade orzamentaria, co recurso inxusto fronte a unha comunidade autónoma que cumpre coas súas obrigas, como é a de financiar, entre dous medicamentos iguais, o de prezo menor”, afirma
- Subliña que dous días aplicando o catálogo de fármacos supoñen “financiar ao cen por cen unha gardería de 43 rapaces que se pode instalar en calquera concello de Galicia que o necesite”
- Remarca que a Xunta vai facer “todo o posible para seguir construíndo escolas infantís, e para seguir facendo residencias da terceira idade, centros de día, tres novos hospitais públicos, para construír o 50 por cento de novas camas do Servizo Galego de Saúde, e para non gastar máis do que temos e pagar o que se debe”, apunta
- Amosa o seu desexo de que o presidente do Goberno central sexa “coherente co que di e lle mande unha mensaxe aos seus ministros de coherencia, de rigor económico e de respecto ás competencias da comunidade autónoma” Leer más…
O PPdeG lamenta os continuos vaivéns de Blanco respecto á fórmula para costear a ampliación da ponte de Rande
O voceiro de Infraestruturas do PPdeG rexeita a subida das peaxes que propón Blanco en Galicia e contrapona coa política de descontos e rescate de autoestradas que se aplica nas vías de pago doutras comunidadesGómez Alonso considera inaudito que se execute unha obra antes de saber cómo se vai financiar, algo que se coñecerá unha vez postos en servizo os dous novos carrís da ponte en 2014
· Lembra que os populares están en contra do proxecto de ampliación da ponte de Rande por consideralo desproporcionado e prexudicial e considera que debería replantexarse
· Salienta que hai unha alternativa á ampliación da ponte de Rande que pasa pola construción da A-57 (Pontevedra-Confurco)
Conferência de Imprensa de Apresentação da Programação de "Comédias do Minho" para 2011
Portugal.-A Comédias do Minho – Associação para a Promoção de Actividades Culturais no Vale do Minho, tem o prazer de o convidar a estar presente na Sessão Pública de Apresentação da Programação 2011, a decorrer no próximo dia 21 de Janeiro, sexta-feira, na Alfândega Cultural, em Valença, pelas 18h. Esta sessão estende-se a um fim-de-semana no Vale do Minho onde decorrem três espectáculos infanto-juvenis: Queres que te faça um desenho?! (Espectáculo de Teatro sobre a República), Pé de Vento (Espectáculo de poesia e música a partir do universo do vento) e Clepsidra (Espectáculo de teatro a partir do universo da água) e um ensaio aberto do espectáculo Rapaziadas Teatrais.
Para além de jornalistas serão convidados a estarem presentes programadores de algumas instituições nacionais e representantes de associações culturais locais dos cinco municípios do Vale do Minho.
A XUNTA CONSIDERA QUE O DOCUMENTAL NOVO VIGO VELLO SERÁ UN ELEMENTO MÁIS PARA PROXECTAR O BARRIO HISTÓRICO E A CIDADE DE VIGO A NIVEL NACIONAL E INTERNACIONAL
A longametraxe, interpretada por Luís Tosar, é unha das accións promocionais enmarcadas no Plan de Competitividade Turística de Vigo, Turismo Urbano e Ría.
- A delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, sinalou esta mañá que a participación de Luís Tosar será un recoñecemento e un efecto chamada para a cidade olívica. Leer más…
ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE AS POSIBILIDADES DE UTILIZACIÓN DAS ENERXÍAS RENOVABLES NO EIDO MUNICIPAL, MEDIANTE A EXPERIENCIA DE CARÁCTER EXEMPLARIZANTE DO PROXECTO E-SOL
- O director do Instituto Enerxético de Galicia e o máximo responsable da EGAP, inauguraron o seminario técnico sobre “O aproveitamento das enerxías renovables e a xestión sostible das entidades locais”, no que se deron cita preto de 300 persoas procedentes tanto do sector público coma do sector privado Leer más…
PORTOS DE GALICIA PRESENTARÁ EN TRES MESES UN ESTUDO DE VIABILIDADE PARA A CREACIÓN DE CATRO PANTALÁNS PESQUEIROS E NÁUTICO RECREATIVOS EN MOAÑA
Portos de Galicia disporá nun prazo estimado de tres meses, dun estudo técnico que defina a viabilidade da proposta de creación de catro novos pantaláns pesqueiros e náutico recreativos no porto de Moaña. Así llo trasladou o presidente do ente público, José Manuel Álvarez Campana, aos representantes da asociación da séptima lista Aferróns e dos usuarios da terceira lista do peirao do Con, no encontro no que estes trasladaron a súa petición ao respecto. A proposta plantexa a instalación de catro pantaláns que acollerían unhas 260 prazas de amarre. Estas permitirían dar maior servizo e dignificar a actividade profesional dos traballadores da terceira lista, o sector pesqueiro, que actualmente se atopan nunha situación de precariedade dotacional. Por este motivo estudiarase tamén a creación doutras instalacións complementarias como un edificio de vestiarios. Así mesmo, este proxecto reforza os sistemas de seguridade para os usuarios da terceira e séptima lista, naútico recreativa, dado que na actualidade as embarcacións dispérsanse por diferentes zonas da costa, polo que os pantaláns permitirían a súa ordenación. O presidente de Portos amosou a súa satisfacción polo consenso entre os usuarios da terceira e da séptima lista que traballaron na definición dun proxecto común para o porto de Moaña.