A XUNTA CONSIDERA QUE O DOCUMENTAL NOVO VIGO VELLO SERÁ UN ELEMENTO MÁIS PARA PROXECTAR O BARRIO HISTÓRICO E A CIDADE DE VIGO A NIVEL NACIONAL E INTERNACIONAL

  • A longametraxe, interpretada por Luís Tosar, é unha das accións promocionais enmarcadas no Plan de Competitividade Turística de Vigo, Turismo Urbano e Ría.
  • A delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, sinalou esta mañá que a participación de Luís Tosar será un recoñecemento e un efecto chamada para a cidade olívica.

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación do documental Novo Vigo Vello, unha longametraxe que forma parte das accións promocionais enmarcadas no Plan de Competitividade Turística de Vigo, Turismo Urbano e Ría –cuxo convenio se rubricou entre Xunta, Concello e Turespaña en novembro de 2009- e que este fin de semana será presentado de forma oficial e no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR) no Círculo de Belas Artes de Madrid. Lucía Molares, que participou na presentación xunto ao concelleiro de Turismo de Vigo, Santiago Domínguez, e o director do documental, Eduardo Rolland, amosou a aposta da Xunta de Galicia por este proxecto e resaltou que desde as administracións se debe “traballar conxuntamente cando o obxectivo merece a pena”, engadindo que “a recuperación do Casco Vello merece a pena e a promoción da cidade tamén”, dixo. Neste senso, considerou que o Plan de Competitividade Turística, Turismo Urbano e Ría é a ferramenta que ofrece os recursos para a promoción da cidade. O documental Novo Vigo Vello está interpretado polo actor Luís Tosar, e tamén por Antela Cid e Fran Peleteiro así coma polos propios veciños do Casco Vello. Molares destacou así a participación dos “dous tipos de protagonistas” e, sobre todo, por contar coa recoñecida estrela Luís Tosar. “É un elemento máis para ter ese recoñecemento e interese a nivel nacional e internacional”, considerou a representante do Goberno galego en Vigo, quen matizou que o traballo das administracións pasa tamén pola recuperación histórica da zona antiga dende o Consorcio Casco Vello de Vigo que ela mesma preside, así coma pola proxección da cidade con accións coma nas que, neste caso, “contan cun magnífico embaixador”. “Será unha nova proxección turística de Vigo no plano nacional e internacional” coa finalidade de conseguir un efecto chamada para que, coma argumentou Molares, “a través de Tosar veñan máis visitantes á cidade” e, así, promocionar e dar a coñecer “o Vigo industrial pero tamén o Vigo turístico”, concluíu.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: