O PPdeG lamenta os continuos vaivéns de Blanco respecto á fórmula para costear a ampliación da ponte de Rande
O voceiro de Infraestruturas do PPdeG rexeita a subida das peaxes que propón Blanco en Galicia e contrapona coa política de descontos e rescate de autoestradas que se aplica nas vías de pago doutras comunidadesGómez Alonso considera inaudito que se execute unha obra antes de saber cómo se vai financiar, algo que se coñecerá unha vez postos en servizo os dous novos carrís da ponte en 2014
· Lembra que os populares están en contra do proxecto de ampliación da ponte de Rande por consideralo desproporcionado e prexudicial e considera que debería replantexarse
· Salienta que hai unha alternativa á ampliación da ponte de Rande que pasa pola construción da A-57 (Pontevedra-Confurco)