AS CONFRARÍAS DE REDONDELA E ARCADE PERCIBIRÁN MÁIS DE 100.000 EUROS A TRAVÉS DE 4 CONVENIOS CO FIN DE MELLORAR A XESTIÓN, CONSERVACIÓN E SUSTENTABILIDADE DOS RECURSOS MARIÑOS

  • Un dos convenios ten por obxecto mellorar as condicións para a produción e a loita contra o furtivismo, co fin de acadar a máxima rendibilidade dos recursos mariños de xeito compatible coa súa conservación.
  • O outro centrarase na mellora da capacidade produtiva dos bancos marisqueiros.
  • A delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, visitou esta mañá as confrarías de Redondela e Arcade para firmar os convenios cos seus patróns.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, visitou esta mañá as confrarías de Redondela e Arcade (Soutomaior) para asinar cos seus respectivos patróns maiores, Clemente Bastos e José Luis Rubianes, catro convenios de colaboración polos que ambas entidades percibirán máis de 100.000 euros para realizar accións encamiñadas a mellorar a xestión, conservación e sustentabilidade dos recursos mariños. Os acordos permanecerán vixentes ata o vindeiro 31 de xuño de 2011, con posibilidade de prórroga. Dentro dos catro convenios, hai dous tipos de acordos. Un deles ten como obxecto combater os efectos negativos que produce, entre outras actividades, a sobreexplotación dos recursos mariños. Para iso, contémplase a realización das actividades de conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, establecendo as condicións de acceso ás zonas de pesca. As actuacións parten co obxectivo de mellorar as condicións para a produción (coidado, control e seguimento dos bancos marisqueiros) e a loita contra a extracción ilegal. Concretamente, para este tipo de acordo, as confrarías de Redondela e Arcade percibirán máis de 73.000 euros cos que poderán facer efectiva a contratación de 9 persoas. O outro dos convenios firmados entre a Consellería do Mar e as dúas confrarías está dirixido a mellorar a xestión das zonas de produción. O acordo contempla accións dirixidas á implantación de técnicas de semicultivo, á elaboración de plans de explotación, á elaboración de proxectos de rexeneración de zonas de produción e ao seguimento da produción efectiva dos bancos naturais marisqueiros. Para este tipo de convenios, a Xunta destina case 27.000 euros. Ademais, e coma novidade, Molares explicou que a diferencia de anos anteriores e por petición das propias confrarías, as delegacións territoriais da Consellería do Mar xestionarán directamente a tramitación dos convenios, o que lles permitirá axilizar os pagos e así, gañar en eficacia. A Consellería do Mar comprométese así a destinar os medios persoais e materiais propios e necesarios para o desenvolvemento e coordinación das accións obxecto dos convenios. Ademais, fará un seguimento das accións en colaboración coas confrarías e tomará as medidas precisas para o seu correcto desenvolvemento .

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: