Rafael Louzán salienta a aposta da Deputación de Pontevedra por levar a cabo accións comúns coa Xunta para captar maior número de visitantes

A provincia de Pontevedra conta con 104 establecementos recoñecidos coa máxima distinción de calidade O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou esta tarde no local de Tour Galicia, xunto ao Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o vicepresidente da Deputación e xerente do Padroado de Turismo, José Manuel Figueroa, “Rías Baixas, destino turístico de calidade”.  Louzán explicou que temos 104 establecementos recoñecidos coa máxima distinción de calidade turística, ademais de 56 praias con bandeira azul e locais de restauración de primeiro nivel. Ademais, destacou a importancia que ten traballar man a man coa Xunta para captar maior número de visitantes. Na súa presentación, Rafael Louzán reiterou a aposta que está a facer a Deputación polo turismo de accesibilidade, como máximo expoñente dunha Galicia máis xusta onde haxa unha oferta universal e sen barreiras adaptada ás necesidades das persoas con discapacidade. O presidente da Deputación explicou ademais “a importancia que tivo no 2010 unir sinerxías para acadar un record de visitantes durante o Xacobeo en Galicia e nas Rías Baixas malia a situación económica adversa. Racionalizar os recursos e unir esforzos é o lóxico cando falamos das administracións, algo que non entenden aqueles que practican o dogmatismo”. Rafael Louzán ensalzou a calidade do turismo termal da provincia que conta con establecementos recoñecidos a nivel mundial. Tivo ocasión tamén para falar da gastronomía, destacando a aposta que se está a facer pola cociña elaborada e a transformación dos nosos produtos típicos cada vez máis recoñecidos a escala mundial.

 Ruta do Viño Rías Baixas

O presidente da Deputación pechou a presentación da Ruta do Viño Rías Baixas, en cuxo padroado participa o ente provincial. Na súa intervención sinalou sinalou que “o noso albariño é un dos mellores embaixadores de Galicia en todo o mundo. Cómpre seguir potenciando dende as administracións públicas a promoción dun produto que xera milleiros de emprego directo e indirecto e crea riqueza no rural pontevedrés”. Louzán agradeceu a aposta que están facendo os consumidores polo viño galego e nomeadamente o das Rías Baixas e agradeceulle ao organismo regulador o seu traballo ao longo destes anos para posicionar o viño en mercados nacionais e internacionais onde a competencia é dura. Nese sentido, a ruta do viño é un percorrido polos lugares máis destacados de cultivo.

 Rostros coñecidos

O estand de Rías Baixas foi un dos máis concorridos da feira dada a expectación xerada coas numerosas presentacións que tiveron lugar o día de hoxe e que se prolongarán ao longo das vindeiras xornadas. O presentador galego José Manuel Parada ou o actor galego Sancho Gracia foron dous dos rostros coñecidos que se deixaron ver polo estand Rías Baixas.   Ao longo de mañá está previsto que pasen polo apartado de Rías Baixas varios rostros coñecidos, como o da actriz e presentadora Belinda Washington que se pasará polo posto durante o día de mañá, xoves 20 de febreiro ás 13 horas. Ademais, están previstas outras sorpresas ao longo da mañá. Os actos comezan ás 11,50 coa presentación da Festa da Troita e de Oficios Antigos de Ponte Caldelas. Ao longo do día haberá seis presentacións máis como a do Centro de Interpretación da Conserva da Illa de Arousa, a Degustación da Yema Guardesa, o portal web 2.0 de Sanxenxo, a Festa da Arribada de Baiona, a festa do Gaiteiro de Forcarei ou a Cata de Viños e Licores do Condado.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: