Traballo dá medio millón de subvencións a patronais sen sede ou actividade en Galicia

O SINDICATO DE XORNALISTAS DENUNCIA QUE A XUNTA DESPRECIA AOS TRABALLADORES DO SECTOR DA COMUNICACIÓN   O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) alerta que a Consellería de Traballo concedeu boa parte das subvencións para plan de formacións a entidades sen sede física na autonomía. O SXG xa presentou un recurso de reposición no que pide á Xunta que explique o peculiar criterio de reparto destas axudas . En concreto e como se pode comprobar no DOG, o Goberno concedeu máis de 556.000 euros a 18 colectivos que non teñen unha sede pública no país.
Ademais, este máis de medio millón foi a parar, na súa práctica totalidade, a asociacións de empresarios con mínima ou nula presenza en Galicia. Por poñer dous exemplos: a Asociación Española de Fabricantes de Envases y Embalajes de Cartón Ondulado e a Asociación Española de Floristas.
O Sindicato de Xornalistas ten probas da ausencia de obxectividade no reparto, pois é evidente que patronais que nin teñen sede, nin CIF, nin asinan convenios colectivos en Galicia gañan subvencións que multiplican até por 50 a axuda concedida ao SXG. A Consellería de Traballo outorgou 2.887 euros ao plan de formación do SXG, a segunda menor cantidade de todas as concedidas

A Xunta mira para outro lado ante a precariedade nos medios
O SXG lémbralle ao Goberno Galego que é o sindicato con máis afiliados nos medios de comunicación de Galicia. Ademais, é a central que ten a presidencia ou a máis numerosa nos comité de traballadores de La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, La Región de Ourense, Diario de Ferrol e Radio Coruña (SER).
O desprezo de Traballo ao Plan de Formación presentado polo SXG supón unha burla para todos os traballadores do sector da comunicación. Asalariados que, malia realizar unha labor clave para a saúde da democracia, soportan na súa maioría unhas condicións laborais impropias dun país avanzado.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: