MATO LAMENTA QUE O GOBERNO CENTRAL PERDA A OPORTUNIDADE DE ACOMETER “UNHA REFORMA EN PROFUNDIDADE” DAS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou esta mañá na Conferencia Sectorial Extraordinaria de Emprego e Asuntos Laborais
  • A titular do departamento autonómico oponse a que se lle traspase ás comunidades autónomas a “xestión” dunha política pasiva, como é a nova axuda dos 350 euros
  • O Ministerio aínda non precisou con que fondos adicionais poderán contar as comunidades autónomas para habilitar esta nova prestación

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, lamentou hoxe que o Goberno central teña perdido a oportunidade de acometer unha “reforma real e profunda” das políticas activas de emprego. Ao mesmo tempo, criticou que a nova proposta do Estado traspase ás comunidades autónomas a responsabilidade de xestionar unha política pasiva, coa posta en marcha da nova axuda dos 350 euros vinculada a cursos de formación. A titular do departamento autonómico realizou estas declaracións trala súa participación na Conferencia sectorial extraordinaria de emprego e asuntos laborais en Madrid, que foi presidida polo ministro de Trabajo e Inmigración, Valeriano Gómez. Durante a xuntanza, Galicia rexeitou a proposta do Goberno central por varias razóns, segundo explicou Mato. A primeira delas é que se trata dunha reforma que “chega tarde” e que non é “profunda nin estrutural”. “Este era o momento das grandes reformas e de falar en serio das política activas de emprego”, reflexionou a conselleira. De feito, incidiu en que moitas das novidades que se presentan neste novo borrador xa se están desenvolvendo en Galicia, como son a aposta pola formación de calidade vinculada á certificación profesional; a mellora dos servizos públicos de emprego; ou o apoio aos empresarios dentro deste servizo, acordos acadados dentro do dialogo social cos axentes sociais. A segunda razón que esgrimiu Mato é que o Goberno central está a traspasar ás comunidades autónomas a responsabilidade de xestionar unha “política de subsidio”, como é a nova axuda dos 350 euros, cando as competencias das comunidades autónomas inscríbense só nas políticas activas de emprego. “O Goberno tiña unha política de subsidio –o PRODI- que decidiu quitar cando as circunstancias son as mesmas, ou peores, que cando se puxo en marcha. O que non vai aceptar Galicia é que a eliminación deste subsidio recaia nas arcas da comunidade ou vaia en prexuízo dos desempregados galegos que poden e queren mellorar a súa empregabilidade”, insistiu. A isto hai que sumarlle, segundo a conselleira, que ao fin de xuntanza, o Ministerio aínda non tiña comunicado ás comunidades autónomas con que fondos adicionais contarían as comunidades autónomas para esta nova prestación.  Ademais, a proposta presentada polo Estado tampouco recolle a petición de Galicia de dotar de maior flexibilidade ás políticas activas de emprego –as comunidades autónomas non teñen capacidade de deseño nas mesmas, tan só de execución-, polo que os distintos territorios terán que continuar sen poder adaptar estas iniciativas “ás necesidades dos seus mercados laborais”. “Nin coñecemos o texto articulado, nin se dá flexibilidade ás comunidades autónomas, nin nos presentaron cales son os fondos adicionais que en teoría van vir aos Goberno autonómicos”, resumiu Mato. Por outra banda, a conselleira incidiu tamén na falta de consenso en torno a este borrador posto que, segundo as votacións durante esta reunión extraordinaria, “quedou claro que as comunidades autónomas non aceptan este borrador”. Finalmente, Mato lamentou tamén o contido da reunión, onde non se “falou de eficacia ou de mellorar as condicións dos parados”, senón que a xuntanza se centrou “en trasladar ás comunidades autónomas o que é competencia exclusiva do Estado: un subsidio”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: