A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DOTARÁ AO CONCELLO DE PONTEAREAS DUNHA ESCOLA INFANTIL DE 74 PRAZAS

  • A responsable do departamento autonómico,, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde da localidade pontevedresa, Salvador González
  • A titular de Benestar indicou que as previsións do departamento autonómico é que a nova infraestrutura se poña en marcha antes de rematar 2012
  • A Xunta de Galicia puxo en funcionamento ao longo de 2010 e ata o día de hoxe un total de 728 prazas na provincia de Pontevedra

A Consellería de Traballo e Benestar construirá unha nova escola infantil de 74 prazas de 0 a 3 anos no Concello de Ponteareas. A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, anunciou hoxe que a Xunta dotará á localidade pontevedresa desta infraestrutura no transcurso dunha xuntanza que mantivo co alcalde, Salvador González. A escola infantil aprobada no mes de decembro, dentro do Plan Educa 4 -no que participan a Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio de Educación-, terá un total de cinco unidades e previsiblemente se porá en marcha ao longo do ano 2012, tal e como indicou a conselleira. Con esta iniciativa, o Goberno galego responde, unha vez estudadas as necesidades desta localidade, a unha demanda feita polo alcalde en diversas xuntanzas mantidas con responsables da Consellería. O obxectivo é atender á demanda crecente das familias para ter acceso a unha educación de calidade que compatibilice a atencións aos nenos coas necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Na provincia de Pontevedra, a Xunta de Galicia puxo en funcionamento ao longo do 2010 e ata o día de hoxe un total de dez novas escolas infantís que suman 728 prazas. En concreto, iniciouse a actividade nos centros 0-3 de Marín, Vilagarcía, Silleda, Cotobade, Cangas-O Hío, Barro. o edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, na escola infantil do Parque Tecnolóxico de Valadares, en Vigo e onte mesmo puxéronse en marcha os centros da Parda e da Universidade na cidade de Pontevedra.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: