A Policía impide labor dos piquetes.

Un forte dispositivo policial obstaculiza a labor dos piquetes informativos en Vigo no comezo da folga

Ducias de axentes antidisturbios  identifican a persoas que repartían folletos nas entradas do polígono de Valadares

 

Un forte dispositivo da Policía española está a obstaculizar a labor dos piquetes informativos en Vigo nas primeiras horas da folga xeral. Ducias de axentes antidisturbios xa identificaron a varias persoas que repartían folletos sobre a reforma das pensións nas entradas do polígono de Valadares. O despregue policial impide aos piquetes informativos desenvolver o seu labor con normalidade xa que non se lles permite baixar das beirarrúas para achegarse aos poucos vehículos que acceden ás empresas do parque industrial vigués. Porque ademais da elevada presenza policial, a tónica xeral no inicio do paro está a ser a mínima afluencia de traballadores e traballadoras da quenda de noite e o escaso tráfico que se aprecia nos diferentes polígonos. Os axentes argumentaron algunha das identificacións erroneamente ao asegurar que a folga xeral comeza ás 00.00 horas de hoxe, xa que a convocatoria da CIG especificaba que nas empresas que traballan de noite o paro comezaría na primeira quenda aínda que esta se iniciase antes desa hora. Entre os identificados polas forzas policiais atópanse dous xornalistas da CIG e o propio secretario confederal de Comunicación e Propaganda, que se atopaban no lugar desenvolvendo a súa labor informativa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: