Feijóo salienta que a Xunta de Galicia manterá os mesmos criterios de "Galeguidade e solvencia" pese a que o gobierno improvise e cambie de política económica e financiera cada mes.

Subliña que “o que é solvente e correcto en decembro para o Goberno e o Banco de España non pode deixar de selo un mes despois” porque “entón a frivolidade e a improvisación fan moito dano á estabilidade e a confianza que se precisa”

“Hoxe mesmo tivemos unha reunión de traballo co equipo directivo da caixa analizando os diferentes escenarios que o Goberno plantexa en roldas de prensa” e subliña que lle gustaría ter unha proposta oficial do Goberno para poder analizar cos partidos, os sindicatos e os empresarios”

  • Recorda que as únicas e últimas comunicacións oficiais que a Xunta de Galicia  ten do Goberno e do Banco de España acreditan que Novacaixagalicia cumpren cos todos os criterios de solvencia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que “a Xunta de Galicia manterá os mesmos criterios de galeguidade e solvencia e non vamos a mudar de opinión nin improvisar” como ten feito o Goberno de España e engadiu que “un goberno responsable non pode cambiar a súa política económica e financeira mes a mes”. Así, dixo, “o que é solvente e correcto en decembro para o Goberno e o Banco de España non pode deixar de selo unhas quincenas despois” porque “entón a frivolidade e a improvisación fan moito dano á estabilidade e á confianza que se precisa sempre, pero  máis cando se está a falar de aforro e de entidades financeiras”.

 

Así recordou que “as únicas e últimas comunicacións oficiais que a Xunta de Galicia  ten do Goberno e do Banco de España acreditan que Novacaixagalicia cumpren cos todos os criterios e requisitos de solvencia que esixían” e engadiu que “nun momento de extraordinaria dificultade o peor que se pode facer é quebrar cos principios de seguridade xurídica e confianza”

 

“Ante a improvisación e a frivolidade” do Goberno de España, dixo, “a Xunta seguirá traballando pola solvencia e a galeguidade dunha entidade financeira galega” e sinalou que “hoxe mesmo a Xunta de Galicia mantivo unha reunión de traballo co equipo directivo da caixa para analizar os diferentes escenarios que o Goberno ven plantexando en rolda de prensa” pero, dixo, que lle gustaría que o Goberno tivera xa unha postura e a plasmara nun documento oficial para que a Xunta puidera traballar con el “cos outros partidos políticos, os sindicatos e os empresarios” como fixo ate o de agora. Así, dixo “é necesario un documento de traballo e non ter que traballar en función de improvisacións e roldas de prensa nas que se modifican os criterios, nos que se fala de cor capital de 8,9 ou 10 segundo o día”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: