O PROXECTO DA ETEA PRESENTADO POLO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE SUPÓN O INVESTIMENTO DE 42,5 MILLÓNS DE EUROS E A RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO CIDADÁN

Ocupa un ámbito de 115.000 metros cadrados, dos que 63.730 lle corresponde desenvolvelos á Administración autonómica

 

  • A Consellería de Medio Ambiente comezará de inmediato a tramitación urbanística que se iniciará coa modificación do Plan Sectorial da ETEA para dar cabida aos novos usos e zonificacións 
  • Posteriormente, se tramitarán os proxectos sectoriais que desenvolverán cada un dos seis novos ámbitos, nos que se concretarán as actuacións que se van a levar a cabo 

  O proxecto da Xunta de Galicia para recuperar o espazo público da ETEA, transformalo nun centro urbano e incorporalo ao barrio de Teis e a toda a cidade de Vigo ocupa un ámbito de 115.000 metros cadrados, dos que 63.730 lle corresponde desenvolvelos á Administración autonómica e 51.320 metros cadrados ao Concello de Vigo. O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, explicou esta tarde aos representantes veciñais de Teis o plan de usos elaborado polo Goberno galego para este espazo, que pretende recuperarse e transformarse para convertelo nun novo lugar de referencia para a cidade, como na actualidade é Castrelos. De feito, o nome elixido pola Xunta para este proxecto é “A ETEA cidadá”,  coa idea de remarcar o  seu carácter de apertura ao barrio e a todo Vigo. Hernández sinalou que para elaborar este plan contrastáronse as demandas formuladas polas distintas institucións públicas, así como polas asociacións veciñais, realizando unha análise rigorosa dos usos con demanda acreditada no entorno. Así, a proposta da Xunta engloba usos socioasistenciais (residencia xeriátrica, gardería, sede de asociacións veciñais…), científicos, universitarios e de esparcimiento público. Ademais, explicou que se mantén unha superficie de aproximadamente 12.000 metros cadrados de reserva de solo para outros futuros usos, en especial residencial, comercial e lúdico, co obxectivo de humanizar todo o ámbito e aportar a vida social permanente a este gran recinto. Con estas necesidades definidas, a Xunta comezará de inmediato a tramitación urbanística que se iniciará coa modificación do Plan Sectorial da ETEA para dar cabida aos novos usos e zonificacións, trámites que estarán rematados no verán. Posteriormente, se tramitarán os proxectos sectoriais que desenvolverán cada un dos novos ámbitos, nos que se concretarán pormenorizadamente as actuacións que se van a levar a cabo. Realizaranse un total de seis proxectos sectoriais, 4 no ámbito da Xunta e 2 no ámbito do concello de Vigo.  A tramitación destes proxectos culminarase en 12 meses.

 SUPERFICIE  XUNTA 

63.730 metros cadrados

 

  • Proxecto Sectorial 1 Área científica: Centro Atlántico de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas
  •  Proxecto Sectorial 2 Área educativa: Universidade e Instituto Nacional de Oceanografía
  •  Proxecto Sectorial 3 Área asistencial: xeriátrico, gardería, locais veciñais
  • Proxecto Sectorial 4 Área complementaria: inclúe reserva de uso comercial, residencial, lúdico

 

 SUPERFICIE  CONCELLO

51.320 metros cadrados

 

  • Proxecto Sectorial 5 Área de servizos públicos: viais, espazos libres, infraestruturas etc. Titularidade municipal, o desenvolve o Concello.
  •  Proxecto Sectorial 6 Área de equipamentos: titularidade municipal, o desenvolve o Concello.

 

 A Xunta de Galicia investirá 42,5 millóns de euros para facer realidade a nova ETEA, dos que 19,6 millóns de euros corresponden a compra de terreos, 11,5 millóns de euros á construción do túnel Xulián Estévez e 11,4 millóns á urbanización do ámbito.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: