JAVIER GUERRA REÚNESE COAS CÁMARAS DE COMERCIO GALEGAS POR MOR DAS INCERTEZAS PROVOCADAS POLO DECRETO DO GOBERNO CENTRAL

  • Guerra adiantou que a Consellería de Economía e Industria vai pedir aos servizos xurídicos da Xunta de Galicia que estuden a posibilidade de presentar un recurso por conflicto de competencias
  • Constituirase unha comisión mixta entre as cámaras e a Consellería de Economía e Industria para traballar conxuntamente na resolución dos conflitos xerados pola norma do Goberno central
  • O conselleiro de Economía e Industria interesouse polas consecuencias derivadas da situación creada polo Goberno central que impide o normal desenvolvemento das funcións dos entes camerais e afecta tanto aos seus traballadores como ás empresas e usuarios receptores dos seus servizos
  • Javier Guerra lamentou a celeridade e a falta de consenso da norma do Goberno Central e manifestou súa dispoñibilidade de colaboración

                     O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo hoxe un encontro cos representantes das nove cámaras galegas, no que lle trasladaron as súas inquedanzas polas incertezas derivadas do Real Decreto Lei  13/2010, do 3 de decembro, aprobado polo Goberno central. En Galicia, existen nove cámaras de comercio que resultan afectadas pola norma e que, até agora viñan colaborando coa Xunta de Galicia, de xeito que Javier Guerra escoitou as súas preocupacións e lamentou a celeridade e a falta de consenso da norma do Goberno Central e manifestou súa dispoñibilidade de colaboración. Neste sentido, Guerra adiantou que a Consellería de Economía e Industria vai pedir aos servizos xurídicos da Xunta de Galicia que estuden a posibilidade de presentar un recurso por conflicto de competencias e adiantou que se vai constituír unha comisión mixta, entre as cámaras e a Consellería de Economía e Industria, para traballar conxuntamente na resolución dos conflitos xerados pola norma do Goberno central, no eido do financiamento. Esta normativa diminúe as posibilidades de financiamento destes organismos, sen solucionar aspectos como a continuidade dos órganos de goberno das cámaras, recentemente elixidos, así como o futuro das actuacións de carácter público que veñen realizando, tales  como accións e bolsas de internacionalización,  formación ou fomento de emprego. O conselleiro de Economía e Industria interesouse polas consecuencias derivadas da situación creada polo Goberno central que impide o normal desenvolvemento das funcións dos entes camerais e afecta tanto aos seus traballadores como ás empresas e usuarios receptores dos seus servizos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: