MATO CRITICA O RECORTE DO ESTADO NO FINANCIAMENTO DOS PROGRAMAS SOCIAIS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Asuntos Sociais, onde se abordaron os fondos para programas desenvolvidos entre o Estado e a Xunta
  • A titular do departamento autonómico lamentou que os recortes do Goberno central no “Plan Concertado” de financiamento aos programas sociais dos concellos, no Plan nacional de discapacidade, no Plan de desenvolvemento Xitano e nos programas de apoio á infancia
  • Lembrou que desde a entrada en vigor da Lei de Dependencia o Goberno central vén reducindo paulatinamente as súas achegas aos programas sociais, unha situación que están compensando as propias comunidades autónomas
  • Mato subliñou que os recortes, que van desde un 10 ata un 40 por cento, “están asfixiando” aos Gobernos autonómicos

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, lamentou hoxe que o Goberno central vaia acometer novos recortes no financiamento dos programas sociais. A titular do departamento autonómico criticou que estes descensos nas achegas do Estado “están asfixiando” ás comunidades autónomas, xa que, dependendo dos programas, os recortes van desde un 10 ata un 40 por cento. Así o explicou a titular do departamento autonómico tras participar na Conferencia Sectorial de Asuntos Sociais, que se celebrou esta mañá en Madrid, e que estivo presidida pola Ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín. Mato sinalou que un dos puntos que se abordou nesta xuntanza foi o financiamento dos servizos sociais que prestan os concellos, a través do coñecido como “Plan Concertado”. Fronte a isto, lembrou que a Xunta de Galicia está a manter o seu orzamento neste eido, ata o punto de que este ano o Goberno autonómico financiará preto do 80 por cento deste concepto. Ademais do referido ao financiamento dos concellos, Mato criticou que o Estado recortará tamén a súa achega de cara ao financiamento da discapacidade, dos plans de desenvolvemento xitano, e dos programas de apoio á infancia. Neste sentido, concretou que estes recortes por parte da Administración estatal súmanse aos que xa se veñen rexistrando nos últimos anos, en concreto, desde a entrada en vigor da Lei de Dependencia. Así, o Goberno central leva tempo reducindo as súas partidas para o resto de programas sociais, unha situación que as comunidades autónomas están a compensar con financiamento propio. Como exemplo, cabe destacar o “Plan Concertado”. A redución do 10 por cento do seu orzamento anunciada hoxe polo Ministerio, súmase á xa acometida nos últimos anos. Deste xeito, de cara a 2011, dos 49 millóns totais de orzamento inicial deste Plan en Galicia, o Goberno galego achegará ao redor do 80 por cento. “A Xunta mantén os seus orzamentos para atender os compromisos que temos en materia social e para darlle resposta aos concellos, que son a primeira porta ás que se achegan os cidadáns cando teñen problemas”, precisou Mato. Por outra banda, polo que se refire ao resto de recortes, a conselleira explicou que “non valen as declaracións positivas se logo non se acompañan con financiamento”. Citou, por exemplo, o Plan de Nacional de Discapacidade, que ten como fin “conseguir unha sociedade máis inclusiva”, pero no que o Estado recorta o seu orzamento nun 40 por cento. A situación repítese, segundo proseguiu Mato, nos programas de apoio e protección aos menores, que o Goberno central recorta nun 12 por cento, ou no Plan de Desenvolvemento Xitano, que sufre de novo unha minoración. Neste último punto, destacou que xa en 2010 as contías que aportaba a Xunta e o Estado para este plan “estaban moi afastadas”. De feito, o Goberno autonómico achegou o ano pasado uns 700.000 euros, fronte aos 70.000 do Goberno central. Polo tanto, a postura de Galicia na xuntanza foi “de protesta e de queixa”, resumiu a conselleira, porque as comunidades autónomas “non poden seguir soportando os recortes de financiamento do Estado”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: