Inauguración "Espazo EMAO" – Vigo

Esta primeira exposición colectiva poderá ser visitada ata o próximo 26 de marzo

 

A ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS ABRE UN NOVO ESPAZO EXPOSITIVO NO CENTRO DA CIDADE

 

 

  • A nova sala de exposicións, Espazo EMAO, inaugúrase coa mostra colectiva “Proxecto Pintura” que poderá visitarse de martes a sábado.

 

  • Será un espazo expositor continuo e dinámico, vinculado a todas as especialidades da EMAO.

 Artesanía de coiro, encaixe de palillos, moda e confección, debuxo, pintura, cerámica artística, encadernación artística, serigrafía artística… Estas son algunhas das disciplinas que forman parte dunha selección de traballos de alumnos realizados nos obradoiros da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e que se exhibirán no novo espazo expositivo. “Proxecto Pintura” é o nome dunha mostra que nace con vocación de continuidade e dinamismo a través dunha proposta que pasa por ser algo máis que un lugar onde poder contemplar as pezas do intenso labor educativo e creativo de alumnado e profesorado da Escola. A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, subliña que “é a forma de devolverlle á cidadanía, en forma de obras artesás e artísticas, unha parte do esforzo feito para manter a cultura e a educación en Vigo nun alto nivel”. A nova sala de exposicións “Espazo EMAO” inaugurarase con esta mostra colectiva “Proxecto Pintura”, as 19 horas do venres 28 de xaneiro e poderá ser visitada ata o 26 de marzo de martes a sábado, entre as 19:00 e as 21:00 horas.  Co espazo EMAO esta centenaria institución pretende “recompoñer unha ponte sólida e duradeira coa sociedade viguesa, da que forma parte inseparable”. Laura López Atrio asegura que “o novo espazo é á vez un inicio e un resultado. Inicio dunha etapa na que a Escola se abre e mostra en que consiste, e cal é o sentido da súa actividade creativa e formativa. Pero é tamén o resultado dunha etapa de redefinición de obxectivos para sentar as bases da institucionalización da formación de carácter non regrado no eido das artes e oficios”, di a edil. A obra está comisariada polos profesores Federico Fernández e Miguel Vázquez quen afirman que “a medio prazo este podería ser un contedor de novas ideas onde os foráneos, persoas de fora da escola, trouxesen novos modelos de entender a arte, a artesanía ou mesmo a vida. Pensamos nun recipiente onde compartir, debater, formar e aprender…un lugar de retroalimentación que nos sorprenda pola súa dinamicidade”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: