Archive | enero 30, 2011

O SXG esixe á Delegación do Goberno que aclare as agresións a xornalistas no Campionato de Caza

O SINDICATO DE XORNALISTAS DENUNCIA QUE AS AGRESIÓNS SON HABITUAIS SEN QUE AS AUTORIDADES TOMEN MEDIDAS

 O Sindicato de Xornalistas de Galicia condena a agresión sufrida onte por dous informadores durante o Campionato de España de Caza do Raposo en Pontecaldelas (Pontevedra). Polo menos un cámara de TVE e outro de Antena 3 foron agredidos, segundo proban as imaxes dos cámaras presentes e as crónicas dos informadores, que tamén relatan ameazan verbais.
Os agresores merecen unha condena legal

O SXG esixe á Delegación do Goberno en Galicia a inmediata apertura dunha investigación policial que use as numerosas probas audiovisuais e as testemuñas das agresións e remita o caso á Xustiza.
Leer más…

ACTO DO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA, ALFONSO RUEDA, HOXE EN PAZOS DE BORBÉN

 

Acto do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda hoxe en Pazos de Borbén: O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, farán unha visita institucional ao Concello de Pazos de Borbén para acompañar ao seu alcalde, Andrés Iglesias, na inauguración da Praza do Concello e a X Festa da Cacheira.

LA ESCUELA DE JOYERÍA DEL ATLÁNTICO FIRMA UN ACUERDO DE COLABORACIÓN CON UNA UNIVERSIDAD MEXICANA

 Ampliará la imagen internacional de las dos instituciones   

CONVENIO MEXICO-GALICIA FORMACIÓN JOYERÍA.- El objetivo es potenciar las relaciones para el intercambio de conocimientos, alumnos y profesores .- La Escuela Técnica de Joyería del Atlántico, con sede en la ciudad de Vigo, acaba de firmar un acuerdo de colaboración con la Universidad Iberoamericana de la Puebla, en  México, cuyo objetivo es el de potenciar las relaciones para el intercambio de conocimientos, alumnos y profesores. Se trata, por tanto, de una iniciativa que permitirá que los dos centros caminen en el ámbito de la internacionalización, aunando las sinergias de las dos instituciones para lograr un mejor posicionamiento en su oferta educativa. El acuerdo fue firmado por Jesús Bernardo Rosas Pozos, en representación de la universidad mejicana,  y por Carlos Pereira, en su calidad de director del centro español. Leer más…

LETE LASA PARTICIPA EN VIGO NA ENTREGA DOS PREMIOS DOS 'CAMPIONATOS E COPAS DE GALICIA 2010'

  • Resalta «o tesón, o esforzo, o ánimo de superación e a ilusión e o traballo por facer crecer o deporte do motor na nosa terra» de todos os premiados

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde á gala de entrega dos premios dos Campionatos e Copas de Galicia 2010. O secretario xeral para o Deporte manifestou que neste acto se premian os mellores do automobilismo galego e os resultados acadados, mais tamén «o tesón, o esforzo, o ánimo de superación e a ilusión e o traballo por facer crecer o deporte do motor na nosa terra»Nese sentido, José Ramón Lete Lasa destacou que a procura dos éxitos deportivos pasa necesariamente «pola altura de miras, polo labor inclusivo de todos os sectores, e por abrir mente e oídos a quen traballa por e para acadar un mesmo obxectivo». Apelou a traballar para que «ninguén estea á marxe do crecemento deste deporte en Galicia, porque todos somos necesarios», e sinalou que, «con constancia e empeño, as dificultades e o inevitable actual escenario económico que marcan o día a día, non nos impedirán os resultados que todos desexamos e procuramos». Leer más…

Retro Auto Galicia 2011

Retro 2011 en Santiago de Compostela – Galicia.

Inaugurado la urbanización da praza do concello de Pazos de Borben.

 Investimento: 222.253,78 euros.

 Obras acometidas:

  • Compactado e perfilado.
  • Instalación de saneamento e pluviais.
  • Alumeado.
  • Instalación de bordillo.
  • Hormigonado.
  • Dotación de lousas de baldosa hidráulica 30×30, pavimento de adoquíns de formigón e pavimentos de pezas graníticas.
  • Mobiliario urbano.
  • Beirarrúas.
  • Reposición de servizos.
  • Beirarrúas.

 A Deputación de Pontevedra ten previsto investir neste municipio 705.314 € do PID no período 2009-2011.

A través do parque de maquinaria acabamos de investir 140.000 euros na mellora de varias vías no municipio. Concretamente, 45.000 euros na pavimentación e acondicionamento da rúa que pasa fronte ó concello e 95.000 euros no pavimentado e mellora do aparcadoiro situado anexo ó centro cultural.